Despois de o PP liberar á Igrexa Católica no Pleno Municipal da obriga xeral de pagar o Impuesto de Bienes Inmuebles, que suporía unha importante inxección de ingresos nas arcas locais, Raxoi asinaba esta mañá novos convenios con entidades “caritativas” dependentes da xerarquía católica. Así, por exemplo, Cáritas Diocesana recibirá grazas aos acordos 104.000 euros; o Centro Cultural Social Xoán XXIII, 40.000 euros; a Cociña Económica, 42.000 e unha cantidade similar para a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home entre outras.
É significativo como a extrema dereita utiliza a crise para potenciar a súa organización máis querida despois dos bancos: a Igrexa Católica. Ao mesmo tempo que degrada as condicións sociolaborais, privatiza e deteriora os servizos de Sanidade, Ensino, Protección Social, etc., os actuais gobernantes en Raxoi ofrecen toda clase de facilidades e apoios económicos a quen consideran debe aplicar políticas paliativas contra o desemprego e a xeneralización da miseria cando a porcentaxe de veciñ@s sen traballo chega ao 18.4%.


