1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251012 cortesGaliza - Galiza Confidencial - Socialistas e nacionalistas poderían despedir algúns dos seus traballadores tras a caída dos ingresos por número de deputados ao fío do retroceso nos últimos comicios.


O 21-O, ademais de deixar moi tocados electoralmente a socialistas e nacionalistas podería ter un efecto colateral importante; a perda de postos de traballo. Non é a primeira vez que se plantexa esta cuestión e, quizais, non sexa a última.

O PSdeG xa prescindiu de parte dos seus traballadores --principalmente da área de comunicación-- hai uns meses. Agora os recortes poderían ser moito máis amplos. Os malos resultados electorais fan imposible poder manter a nómina de todos os traballadores debido á caída dos ingresos por deputado.

Reducións

E é que á redución de escanos únese tamén a rebaixa na subvención por gastos electorais e na asignación por deputado electo, dun 20 por cento segundo a orde publicada no Diario Oficial de Galiza o pasado 31 de agosto.

O PSdeG podería aplicar un ERE do que xa teñen coñecemento os traballadores porque, con varios deles xa estiveron falando membros da dirección durante as últimas semanas. Os despidos xa estarían mesmo aprobados pola propia dirección socialista.

O mesmo podería acontecer no BNG. Polo momento, os traballadores non teñen ningún comunicado oficial por parte da formación sobre futuros recortes --como xa tiveron os socialistas--, pero o certo é que antes dos comicios xa se puxeron enriba da mesa as dificultades económicas polas que estaba a atravesar o BNG e mesmo se insinuou a posibilidade de recortes no futuro. Xa antes, os empregados aceptaran un recorte de soldo ante a mala situación económica.

Un membro da dirección confirmou a GC que o Bloque terá que facer "sacrificos". E é que a situación económica, lonxe de mellorar, empeorará tras baixar a formación cinco deputados --de 13 a 7-- o pasado domingo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.