first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: eleiçons  juventude  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

181012 adianteGaliza - Adiante - Nunca foi a nosa organización das que subordinan a súa análise e traballo militante a intereses electorais. Sempre tivemos claro onde xogar cada batalla e a complexidade –ou esforzo ingrato, ás veces- que encerra. Percibimos as estreitas marxes da participación institucional normalizada e posibilista, aquela que desiste ao bater nas vértebras do sistema.


Esta maneira de actuar non nos conduciu xamais a adherir ao abstencionismo como regra. Sen remitirnos as experiencias históricas dos partidos comunistas, hoxendía sería inxusto ignorar o xeito en que a acción desde concellos e parlamentos poden resultar de importancia para os intereses da esquerda (xeración de discurso contrahexemónico, autoorganización das clases traballadoras, altofalante de loitas sociais ou, xa en contexto presente, contención do plano de recortes e medidas antiobreiras), así como a necesidade de contrastar a alternativa de transformación social no debate político das campañas electorais.

As vindeiras eleccións ao Parlamento galego teñen ademais certo carácter de excepcionalidade. Non só pola situación de emerxencia nacional do noso pobo, senón tamén pola configuración dunha alternativa electoral ampla con elevadas posibilidades de obter representación e que atinxe de cheo ao espazo político do que a nosa organización fai parte.

Análise de Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) preséntase como unha converxencia ampla de natureza anticapitalista no marco dunha táctica frontista co albo posto no Goberno reaccionario de Núñez Feijóo. Baixo esta declaración de intencións, subscribible sen matiz algún, agóchanse dúas contradicións que desde Adiante desexamos incorporar ao debate.

A primeira é que, ao noso ver, para que unha proposta electoral poida exercer un papel rupturista debe proceder dunha confluencia nas loitas desde a base de maior fondura e ben afastada da pirotecnia televisiva na que as activistas parecemos ser meras espectadoras as máis das veces. Non hai atallos nin autoestradas cara a revolución, os vieiros esquecidos polos flashes mediáticos han de ser camiñados como son, valéndonos de todas as ferramentas e altofalantes ao noso dispor, mais sen confiar acriticamente en confluencias ad hoc.

A segunda é que non podemos converter o "anticapitalismo" nun fetiche sen contido. Para erguermos políticas anticapitalistas necesitamos desenvolver un programa concreto en permanente diálogo con sectores e colectivos afectados, un proceso honesto e non incentivado polas presas da nosa axenda electoral. Priorizar na formación de hexemonías a suma de siglas ou a capacidade de liderazgo, non adoita ter moito percorrido.

O pobo traballador galego gárdase de confiar en persoeiros de grandes palabras que aparecen e desaparecen cada catro anos. Subestimar esta realidade pode crearnos falsas expectativas.

No lado positivo da balanza cabe sinalar que baixo esta amálgama de forzas algo artifical, agóchase unha vontade maioritaria de facer política de maneira diferenciada, fuxindo de esquemas obsoletos xa desbotados pola mocidade. Este é o sentir maioritario da formación Anova, aínda inmersa nun proceso de construción asembleario ao que a nosa militancia foi achegándose gradualmente. De como resolva Anova as contradicións entre a demanda doutra cultura política e o padrón de partido reformista ensarillado nas institucións, dependerá en boa medida o crédito da esquerda transformadora en Galiza.

Acompañando esta vontade de dignificación da política, existe unha mensaxe de confrontación e combatividade, ineficaz e carente da mínima credibilidade, cando non ausente, no discurso das restantes forzas de oposición ao Goberno do PP. Se ben o BNG semella terse radicalizado neste sentido, a práctica real amósanos a continuidade do vello aparato, coa xordez autorreferencial de todo aquilo que se escapa ao seu control. Dada a heteroxeneidade da que se compón, AGE pode abrir un panorama novo, incorporando reivindicacións asumidas retórica e superficialmente até o momento. A través das asembleas de base de Anova, en Adiante tentaremos que así aconteza.

Finalmente, é obrigado facer mención a unha das cuestións que máis polémica vén espertando: a introdución na coalición da forza estatal Izquierda Unida. Como comunistas e independentistas estamos na obriga de traballar na conformación dunha referencia nacional e de clase. Calquera renuncia ao respecto sería negativa. Porén, nada ten a ver isto cunha alianza frontista a partir dun acordo de mínimos que, ademais, recoñece explicitamente o dereito a autodeterminación e a loita pola independencia nacional. As dúbidas que suscite AGE no que á cuestión nacional se refire teñen a mesma raíz que a precipitación na elaboración do resto do programa. Á "autoorganización nacional" en abstracto páselle como ao "anticapitalismo", carece de significado pleno fóra de aplicación concreta. Para nós, a autoorganización do pobo galego non consiste en defender os intereses do Grupo Tojeiro, Carrumeiro Media, Méndez-Gayoso ou absterse diante dunha inhumana Lei de Estranxeiría a cambio de non sabemos aínda que cesións de competencias e autogoberno.

Os proxectos de vida da mocidade en cuestión

Os comicios veñen coincidir no tempo co agravamento males que veñen de lonxe: novas cifras récord de desemprego e precariedade xuvenil, elitización da universidade pública (suba das taxas), recortes ditados pola banca en todos os niveis do ensino, etc. O que constitúe certa novidade, en ningún caso desentoado co anterior, é o anuncio dunha reforma educativa de fondura ideolóxica regresiva. Se somos conscientes de estar inmersos nun cambio de modelo socioeconómico, a reforma educativa vai encamiñada a formar os suxeitos que se adapten ao mesmo.

O paradigma do "salto de obstáculos" con continuas reválidas e itinerarios non é se non o xeito de expulsar a segmentos das clases populares.

A usurpación de competencias autonómicas é a resposta recentralizadora ante a crise do Estado das autonomías.

Nós estamos convencidas de que é posible frear esta situación. Ocupando todos os espazos políticos da nosa man e levando a nosa posición de denuncia. Construíndo xunto a movementos sociais e sindicalismo obreiro e estudantil loitas incluíntes que poidan representar o conxunto dos intereses subalternos no sistema capitalista.

Este debería ser a primeira motivación dunha forza política no Parlamento galego, a carón da implementación de políticas concretas de promoción do emprego xuvenil de calidade baixo parámetros diferenciados que fomenten a autoorganización e as culturas cooperativas así como a investigación e iniciativa innovadora. Cómpre pór fin a fuga de capital humano.

Conclusións

A partir do exposto en Adiante elaboramos as seguintes conclusións:

i) O momento de descomposición económica máis o xeito en que condiciona todos os proxectos vitais que como mocidade queiramos desenvolver, sitúannos nun presente decisivo que non xustifica calquera alianza electoralista mais si fai necesario un compromiso da mocidade en política que se valla de todas as ferramentas a dispór.

ii) A aparición de Anova, con importante presenza da esquerda independentista galega, abriu unha etapa na que é posible unha nova forma de facer. A vontade maioritaria nas asembleas de base é a de que sexan centro de poder a todos os niveis. A nosa militancia envolvida no proceso aposta porque así sexa, co convencemento de que a esquerda reformista e profesionalizada non ten o mínimo porvir.

iii) Nas listas de AGE teñen presenza compañeiras comunistas e independentistas tanto da FPG como doutras forzas e sensibilidades. Existe unha declaración de intencións anticapitalista e transformadora. O nó a resolver segue a consistir en valorar se a indefinición programática pode ser suplida coa potencialidade da coalición ou se a arela horizontal de Anova pode incidir no comportamento da representación parlamentaria.

iv) A nosa loita principal segue estando nas rúas, a carón das iniciativas sociais e no movemento obreiro e estudantil de clase. Non nos podemos permitir abandonala polo espectáculo electoral. Moi ao contrario, hai que tratar de subordinar este ao artellamento de solucións de ruptura.

v) Con todas as reservas que, con honestidade, compartimos neste comunicado, apoiaremos a coalición AGE nas vindeiras eleccións, sumando forzas na campaña. O catecismo purista nin nos interesa nin non nos vale agora, facer política pasa por asumir riscos e someterse a contradicións. O empoderamento das clases traballadoras e a loita pola independencia nacional dispútase en moitos campos. Velaquí a nosa aposta para o Parlamento galego a día de hoxe. Nos restantes, nada remata o 21O.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.