1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

091012 juntappGaliza - CIG Administraçom - Feijoo quere facer funcionario ao persoal directivo e eventual.


Ex-delegados territoriais como Cores Tourís, Diego Calvo, Rogelio Martínez ou Raquel Arias poderían pasar a ser funcionarios si Feijoo leva adiante o seu programa electoral.

Un dos puntos máis chamativos do programa electoral de Feijoo é o referido á regulación do persoal directivo. Por tal se entende ao persoal que ocupa órganos directivos, como dirección xerais, delegacións territoriais, ou persoal eventual.

Dende a CIG consideramos alarmante e nocivo para a Administración Pública o recollido no programa do Partido Popular ao vulnerar os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade sobre os que descansa o acceso ao emprego público.

O Estatuto Básico do Empregado Público no seu artigo 13 establece a posibilidade de regular este tipo de persoal que:

É una nova clase de persoal pero non un novo tipo de empregado público.

Desígnase, pero non se selecciona.

Non contempla, polo tanto o EBEP ninguna outra posibilidade. Pero Feijoo, no seu programa pretende "garantir o acceso e a permanencia nesa carreira de conformidade a criterios obxectivos, así como a posibilidade de promocionar dentro dela."

Baixo este eufemismo de permanencia, así como a posibilidade de promocionar, o que se esconde é "enchufar" a centos de directivos da Administración e da miríada de axencias que creou, como funcionarios.

Xa durante o goberno en funcións de Manuel Fraga no 2005 se pretendeu unha manobra para garantir un posto de nivel aos altos cargos que tiñan a condición de funcionarios e que ían cesar, manobra que foi paralizada polo Consello Consultivo a instancias da CIG. Feijoo vai moito máis alá. Vai garantir un posto de persoal directivo permanentemente ao seu persoal afín que quedará como un lastre da Administración Pública durante unha morea de anos e que pode supor unha carga de ao redor de 15 millóns de euros anuais ás arcas públicas.

Mentres miles de empregados/as públicos/as se ven sen promoción interna, sen carreira profesional e con salarios recortados, e miles de galegos/as seguen estudando oposicións que nunca se convocaron, Feijoo pretende facer funcionarios a persoas que non se lle coñece outro oficio nin beneficio que traballar en cargos políticos cun único mérito: ser do Partido Popular.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.