first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: corrupçom  pp  junta  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

081012 delegxuntacombGaliza - Galiza Confidencial - A construtora Excamel está a ser investigada por presuntamente subornar ao delegado da Xunta en Pontevedra e candidato do PP, Cores Tourís. Unha das contratas da Xunta recibiuna a dedo.


Excamel - a empresa do fillo do exsenador e exalcalde de Melide Manuel Pampín Rúa (PP)- suma máis de 343.000 euros en contratas coa Xunta nos dous últimos anos, unhas delas a dedo.

Un xulgado da Xunta investiga unha gravación na que o exsenador Miguel Pampín Rúa admite que a construtora do seu fillo pagou "comisións", ao alcalde de Antas de Ulla e ao ex-alcalde de Cambados e hoxe delegado da Xunta en Pontevedra, José Luís Cores Tourís, que agora vai nas listas do PP por Pontevedra. Segundo adiantou El País, foi un socio do exalcalde de Melide quen levou ao xulgado a cinta, para logo retirar a denuncia. Excamel levou contratas tanto do Concello de Antas como do de Cambados cando gobernaban os dous presuntos subornados.

U-lo expediente do contrato a dedo a Excamel?

En decembro de 2010, a Consellería de Medio Ambiente adxudicoulle sen publicidade 133.104 euros para o sellado dun vertedoiro no Páramo. A Xunta deu o contrato mediante o procedemento negociado, é dicir, sen sacar un concurso público. En teoría este procedemento obrigaba a Medio Ambiente a pedir ofertas polo menos a tres construtoras. GC non puido comprobar se a Xunta realizou este trámite, pois sorprendentemente o expediente non figura na Plataforma de Contratación, como marca a Lei.

En Xullo de 2011, a Consellería de Educación adxudicoulle a Excamel 117.902 euros para a limpeza dun CPI en Ourense. En Marzo de 2010, a construtora do fillo do ex-senador facíase cunha contrata de 199.056 euros para o suministro de auga a tres parroquias do concello de Vilamaior.

Foto: Cores Touris


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.