1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

050912 0 feijooboicotGaliza - Galiza Confidencial - Numerosos departamentos do goberno galego están realizando informes e argumentarios para ser utilizados polo PPdeG durante a campaña electoral. O traballo das consellerias está prácticamente paralizado e limitado aos servizos mínimos.


Numerosos asalariados da Xunta, principalmente aqueles que están contratados con asistencias técnicas ou aqueles contratados directamente por algún director xeral ou conselleiro estan realizando informes e argumentarios para ser utilizados durante a campaña electoral polo Partido Popular.

A Xunta atópase, desde o anuncio do adianto electoral feito por Núñez Feijóo, en servizos mínimos. Por iso, e segundo confirmou GC de fontes do propio Goberno galego, moitos dos cargos de confianza de conselleiros e directores xerais están realizando labores "máis propias dun partido político que do propio executivo".

A moitos deles encargáronselle elaborar informes e argumentarios sobre temas sensibles das políticas da Xunta que poidan utilizar os partidos da oposición durante a campaña electoral. "Hai moitos nervios e todo vale para afrontar unha precampaña que se presume moi dura", apunta un destes traballadores.

Conselleiros políticos

E son, principalmente os departamentos de máis contido político e cuxos conselleiros teñen un gran peso político no PPdeG os que máis están traballando nestes informes; Educación e Cultura, Política Territorial e Medio Ambiente, Sanidade e Presidencia.

Pero son, precisamente, os asesores do presidente galego os que máis enfocados están nesta tarefa, especialmente agora que Feijóo xa comezou a precampaña con entrevistas e numerosos actos electorais.

Foto: LD


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.