1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030912 sosGaliza - CIG Administraçom - No DOG do 29/08/2012 publícase a resolución da contratación dun servizo de publicidade da Consellaría de Sanidade cun valor estimado de 2.200.000 € para "sensibilizar e promocionar o consumo de medicamentos xenéricos". A empresa afortunada foi Avante Galicia Marketing y Medios, S.L. que ten unha delegación en Compostela.


Neste escenario de precariedade no que non hai cartos para servizos públicos sempre aparecen cartos para as privatizacións, os rescates bancarios, o banco malo e, por suposto, para publicidade institucional. Neste caso, este contrato semella ter un toque de humor negro ao gastar Sanidade os cartos públicos na publicidade da política desenvolta ao redor dos medicamentos xenéricos no canto da compra ou subvención deses medicamentos.

Desde a CIG-Autonómica continúamos a denunciar a falsa austeridade da Xunta de Galiza que repite coma un mantra que non hai cartos, cando continúa a gastalos en obxectivos que nada teñen que ver cos servizos públicos e sí con intereses privados.

Tendo en conta que parte da poboación xa ten que pagar por enteiro certos medicamentos ou aumentou a contribución ao pagamento destes, está de sobra concienciada sobre este gasto. A bo seguro a maioría da cidadanía considera que estes 2.200.000€ irían mellor destinados ao sostemento do Sistema Público de Sanidade que a poñer o logo da Xunta de Galiza continuamente en todos os medios de comunicación.

A CIG-Autonómica pon a disposición da cidadanía o seguinte modelo de queixa para a remisión á conselleira de Sanidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.