1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (5 Votos)

230812 fpg iu2Galiza - Diário Liberdade - Reproduzimos o comunicado remetido pola FPG ao Diário Liberdade, explicando o sentido que esse partido dá à sua reuniom de anteontem com Izquierda Unida, poucos meses antes da convocatória de Eleiçons autonómicas na Galiza.


Se bem a própria FPG nos solicitou há escassas horas umha "correçom" da matéria publicada ontem mesmo polo Diário Liberdade sobre o mesmo tema, o nosso meio considera que nom há qualquer motivo para umha retificaçom sobre a referida informaçom.

De facto, a matéria em questom partiu da informaçom contida no comunicado previamente difundido pola própria Izquierda Unida, sem que tenhamos detetado qualquer imprecisom no conteúdo da matéria publicada nas páginas do DL.

Para evitarmos qualquer dúvida, reproduzimos o comunicado de IU também a seguir, junto ao mais recentemente emitido pola Frente Popular Galega.


 

Comunicado da FPG

Xuntanza da FPG con Esquerda Unida (EU)

A Frente Popular Galega (FPG) quere manifestar a súa vontade de manter contactos con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras.

A nosa vontade é firme: facer posíbel unha verdadeira alternativa política para a saída da brutal crise á que nos conducíu o gran capital financeiro cara a nosa soberanía política e económica como pobo.

Nesta liña, a FPG celebrou un primeiro encontro con Esquerda Unida que permite avaliar a posibilidade do inicio dunha unidade de acción dentro dun proxecto máis amplo coas coordenadas postas na esquerda e na autodeterminación nacional. Neste sentido reafirmamos a vixencia da nosa liña histórica, que sempre mantivemos, de defensa e loita pola independencia e a soberanía nacionais ligada á loita da clase obreira. A loita de clases, se ben é internacional, nunca se dá en abstracto, dáse sempre no seo dun marco nacional concreto, no noso caso na Galiza dependente e aínda colonizada do século XXI.

Asemade a FPG quere deixar claro que os nosos pasos vanse producir dentro do absoluto respecto e aceptación da decisión soberana que a ANOVA decida democrática e asembleariamente ao respecto dunha fronte ampla e de esquerdas.

Galiza, 22 de agosto de 2012.

 


 

Comunicado de Izquierda Unida

Xuntanza coa FPG

Ante a situación actual da política galega, tanto Esquerda Unida coma a Fronte Popular Galega coinciden na necesidade de artellar unha ferramenta capaz de responder ao estado de quebra que afecta á maioría social.

Esquerda Unida vén de manter unha xuntanza coa Frente Poupular Galega. Unha delegación de Esquerda Unida e outra delegación da Fronte Popular Galega veñen de manter unha xuntanza na que se plasmou a necesidade de confluencia entre as forzas políticas galegas de esquerdas e anticapitalistas.

A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, manifestou que "ante a emerxencia social e o terrorismo financieiro practicado dende a política do PP, é necesaria a confluencia política". A sociedade precisa dunha vertebración política que dea esperanza á cidadanía.

"Por riba da cuestión nacional, está o problema de clase" premisa da que parten ambas organizacións. O obxectivo é claro, como tamén é clara a necesidade de refrendar dende as bases calquera tipo de iniciativa ou proceso que vaia a pelexar pola hexemonía dos traballadores.

21 de agosto de 2012


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.