1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

310731feijooGaliza - Sermos Galiza - Malia anunciar que sobraban empregad@s públic@s, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, presentou perante as organizacións sindicais unha proposta pola que se contrata á empresa EULEN para que desenvolva tarefas de atención telefónica e xestión de documentación das persoas afectadas pola estafa das preferentes. O contrato non foi publicado en ningún boletín nin diario oficial e tería un custo de 85.000 euros, cargados sob o erario público. 


A través deste contrato, a empresa EULEN, da que é apoderada Micaela Núñez Feijóo, irmá do presidente galego, viría reforzar o servizo de atención ao consumidor que desenvolve persoal do Instituto Galego de Consumo. Este organismo, está a asumir unha maior carga de traballo sen veren ampliado o cadro de persoal, ao tempo que se externalizan parte dos servizos cara a empresa privada, da que é beneficiaria a irmá de Núñez Feijóo. 

A Confederación Intersindical Galega, denuncia que "as preferentes de Caixanova, só teñen beneficios para a entidade financeira" mentres se multiplican os perxuízos para @s afectad@s, @s empregad@s públic@s e a cidadanía, que "serán os que paguen a factura", asegura a central nacionalista. 

A contratación de EULEN pola Xunta engádese aos beneficios obtidos pola empresa privada nalgúns concellos do PP. Como xa adiantara SermosGaliza, a empresa EULEN estase a facer coa xestión monopolizada de centros culturais coma o Teatro Jofre ou o Colón da Coruña. A entidade da que é apoderada  Micaela Núñez Feijóo, recibiu máis de medio millón de euros en adxudicacións do Concello de Ferrol.   


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.