first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: feijó  correo gallego  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270712 feijoocorreogalGaliza - Galiza Confidencial - [Walter Burns] Por segunda vez a Consellería de Cultura adxudica sen publicidade un contrato de compra de hemeroteca ao diario compostelán, algo que non fixo con ningunha das outras cabeceiras de Galicia.


A Consellería de Cultura acaba de adxudicar 130.000 euros máis IVE á Editorial Compostela; editora de El Correo Gallego, Tierras de Santiago, Correo TV e Radio Obradoiro. A cambio a empresa xornalística entregará 1.168.272 fotografías dixitalizadas e unha colección de prensa escrita, en concreto 43 tomos de el Eco de Santiago.

O contrato foi adxudicado mediante o procedemento negociado sen publicidade. É dicir, sen concurso no DOG. Con todo, cómpre ter en conta que só El Correo pode subministrar o citado material informativo. Agora ben, Cultura non realizou até hoxe un investimento similar na compra de fondos históricos de outras cabeceiras xornalísticas do país.

Un diario nunha situación económica moi delicada

En realidade é a segunda vez que a Xunta inxecta unha importante cantidade de diñeiro en El Correo mediante a compra de arquivo para a Cidade da Cultura. En 2011 Cultura tamén investiu 175.000 euros máis ive na compra de fondos da hemeroteca de El Correo. El Correo destaca pola súa defensa do megaproxecto do Monte Gaiás.

Os investimentos do Goberno supoñen un balón de osíxeno para o diario, cunha marcada liña editorial conservadora. O diario da capital Compostelá atópase nunha situación económica moi complicada. Nos últimos meses circularon insistentes informacións sobre a súa posíbel venda co apoio do Goberno Galego.

Despois de pechar o único diario impreso en galego e botar ao seu cadro de persoal, El Correo terá que reorganizar de novo a súa redacción antes de final de ano. Daquela remata o ERE polo que os seus informadores, e non os seus directivos, cobran un 25% menos e soportan máis carga de traballo.

 

Foto: GC - Feijóo na entrega de premios do Grupo Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.