O gasto corresponde a traslados, aloxamento e protocolo das diferentes autoridades participantes no acto.
Uns 263.000 euros. Ese é o custo da foto desta domingo de Mariano Rajoy devolvendo o Códice Calixtino á Catedral de Compostela, unha vez recuperado tras ser roubado hai un ano. A cifra foi dada polo diario dixital español El Aguijón, que, citando fontes próximas a La Moncloa, afirma que a mesa procede de diferentes gastos, como traslados, aloxamentos, protocolo e dispositivos de seguridade e sanidade.

