1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220512 aniversarioGaliza - Candidatura do Povo - Será este domingo. A Candidatura do Povo cumpre un ano de vida se tomamos como referencia a nosa participación nas Eleccións Municipais 2011 nas que rachamos todos os teitos históricos de voto soberanista en Compostela.


Doce meses de traballo continuado que evidenciaron a viabilidade de alternativas ao mapa de partidos institucionalistas de Raxoi e a posibilidade de construilas desde posicións soberanistas e de esquerdas.

Este domingo 27 festexaremos na praza 8 de Marzo a partir das 12:00 h. da mañá esta pequena andaina dun traxecto que adiviñamos longo. Sesión vermú, xantar e actuacións musicais envolverán nun clima de camaradaxe e irmandade as veciñas e veciños que se animen a achegarse á celebración da festa-aniversario da Candidatura do Povo.

O noso compromiso a partir do próximo luns é continuar afortalando o grupo municipal, intensificar a nosa actuación na capital do país, seguir demostrando con feitos que é posíbel facer un traballo municipal próximo á xente sen facer deixadez nen ocultación de principios e gañar a confianza e a participación de sectores crecentes da veciñanza para un proxecto municipalista popular que, como anunciamos hai un ano, e confirmamos coa nosa prática, "veu para ficar".

Grazas a todas e todos por facerdes posíbel a Candidatura do Povo!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.