Bancos, empresas e xustiza ao tanto
A empresa era a que solicitaba subvencións para reforestación a nome dos propietarios de montes na zona, utilizando fotocopias dos DNI. A administración concedería moitas de estas subvencións e os cartos eran ingresados en contas fraudulentas de 3 bancos, a nome dos propietarios, sempre sen o seu consentimento.
A Federación Rural Galega (Fruga) sinala ademais que as subvencións cobradas certificaban que o traballo fora realizado cando en realidade non se levaban a cabo, o que dá conta do fraude tamén dende a administración, que por se fóra pouco, fixo oídos xordos ás denuncias dos propios propietarios.
Un dos puntos máis complexos é o das sinaturas. Os documentos estarían firmados polos responsables da empresa, traballadores de Medio Rural e máis propietarios, pero estes xa aseguraron que eles non asinaron nada. O Xulgado de Corcubión está solicitaron así probas caligráficas.
Entramado
A FRUGA vai máis aló e denuncia que esto “pode ser tan só a punta do iceberg dun entramado moito mais extenso que ocultaria o cobro de subvencións dirixidas a propietario e propietárias forestais”.
Así dende Federación Rural Galega fan un chamamento “a todas aquelas persoas que teñan a máis mínima sospeita de atoparse nesta situación a que denuncien a mesma. Para isto a FRUGA oferece os seus servizos na Costa da Morte para asesorar e organizar aos posibles afectados e afectadas”.


