1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

kurdistanGaliza - Mar de Lumes - Só uns días depois do masacre de Suruç, na noite do 25 para o 26 de xullo, coa escusa de atacar posicións do Daesh na Siria, Turquía decidiu bombardear as posicións das milicias curdas que operan na área norte do Iraque precisamente contra o Daesh.


Para Mar de Lumes, a acción de Turquía, que se produce do xeito máis reprobábel, con 400 bombardeos en apenas unha noite, mentres deixa o Daesh avanzar libremente en İncirlik, evidencia a hipocrisía absoluta con que se moven as forzas imperialistas da OTAN, empeñadas en producir, pola forza, unha reconfiguración nesa rexión que resulte funcional ás súas necesidades de rapina e control. O povo curdo, cuxa resistencia fronte ao totalitarismo do Daesh e, á vez, contra os intentos de aniquilación por parte — principalmente, mais non só — da Turquía, se está a converter en exemplo para o mundo, volve ser golpeado por quen di loitar ao seu carón.

O PKK, Partido dos Traballadores do Curdistán e principal suporte das milicias curdas (HPG - Forzas de Defensa do Povo) en toda a rexión, acusou Turquía de "agresión de guerra" e deu así por finalizada a tregua que mantiña precisamente co Estado turco desde 2012, que era en troca dunha democratización e duns avances nas relacións turco-curdas que nunca se verificaron. Ao contrario, nestes últimos bombardeos, resultou morto un dos combatentes curdos, Onder Aslan, e outras tres persoas resultaron feridas. 

Mar de Lumes explica que novamente, esta acción demostra que o Curdistán xamais atopará no Estado turco un aliado, nen aínda en condicións onde, segundo Ankara asegura, partillan inimigo e a ameaza é inminente. Mais o Curdistán non está só. A solidariedade, exercida desde todos os recunchos do planeta, tanto por persoas a nivel individual como colectivamente en organizacións de solidariedade como Mar de Lumes, xoga un papel: espallar a realidade dun conflito onde o Daesh non é o que nos contan os grandes medios de comunicación, e onde o povo curdo loita por exercer o seu dereito a vivir libre e en paz.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.