1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290615 flotaGaliza - BDS-Galiza - Na pasada madrugada forzas da armada israelita asaltaron o Marianne, un dos barcos que forman a III Flotilla da Liberdade, cando se encontraba en augas internacionais a poucas millas de Gaza, onde pretendían chegar para furar o cruel bloqueo a que estado sionista ten sometida ilegalmente a Faixa desde hai 8 anos.


Os asaltantes conduciron a tripulación e o grupo de activistas ao cárcere militar de Ashdod onde, segundo informan no Ministerio de Asuntos Exteriores español permanecerán en prisión por un tempo que non concretan sen poderen recibir asistencia consular. Daí pasarán á un centro sob xurisdición militar.

A bordo do Marianne viaxaban Ana Miranda (portavoz do BNG en Bruxelas) Bassel Ghattas, integrante do Parlamento israelita e político palestiniano, Moncef Marzouki, activista polos Dereitos Humanos e expresidente da Tunisia; Robert Lovelace, profesor universitario canadense; Kajsa Ekis Ekman, xornalista sueca; Dror Freiler, músico e compositor da Suecia; as xornalistas Nadya Kevorkova (Rusia), Ammar Al-Hamdan (Al-Jazeera, Noruega), Mohammed El Bakkali (Al-Jazeera, Marrocos), Ruwani Perera e Jacob Bryant (Nova Zelancia, Maori TV), Ohad Hemo (Channel 2, Israel TV) e @s tripulantes Joel Opperdoes (Suecia), Kevin Neish (Canadá), Gustave Bergstrom (Suecia), Herman Reksten (Noruega), Jonas Karlin (Suecia) e Charlie Andreasson (Suecia).

O 23 de xuño, BDS-Galiza dirixiuse ao presidente do goberno galego –Sr. Núñez Feijóo- e á presidenta da cámara -Pilar Rojo- para lles transladar o seu temor perante o perigo que a actitude ameazadora de Israel pudese significar para a integridade moral e física das persoas que integran esta misión solidaria.e reclamar ás autoridades galegas instasen os responsábeis do Ministerio de Asuntos Exteriores do Reino de España a adoptar as medidas necesarias para garantir a seguranza da cidadá galega e do resto das persoas que fan parte desta misión humanitaria. Unha petición que nin o Sr. Núñez Feijóo nin a Sra. Rojo tiveron a ben responder.

BDS-Galiza insiste en reclamar protección para todas as persoas que viaxaban a bordo do Marianne e insta as autoridades galegas a actuarde urxencia perante o Ministerio de Asuntos Exteriores español para que sexan tomadas as medidas necesarias para garantir a integridade da nosa concidadá Ana Miranda.

CONCENTRACIÓNS EN SOLIDARIEDADE COA FLOTILLA INTERNACIONAL

COMPOSTELA. Praza do Toural – Hoxe às 20.30 –

VIGO – Diante do MARCO – Hoxe às 20:00

OURENSE – Praza do Ferro- Hoxe ás 20.30

PONTEVEDRA – Peregrina – Hoxe ás 20.30


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.