first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: dia da pátria  25j  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

230712 forxaGaliza - Forxa! - A soberanía dos chamados "estados nacionais" fica ilusoria fronte ao poder real do capital monopolista e a súa inxerencia directa na política interna, coa imposición de memorandos, reformas constitucionais intervencionistas e mesmo nomeando gobernos de xestión tecnocrática.


As aspiracións de liberación das nacións oprimidas sen estado tórnanse incautas nesta Europa capitalista, como verifica o proceso irlandés, se estas non están vinculadas á loita xeral anticapitalista do proletariado de cada país no conxunto continental. Mentres subsista a dominación do centro imperialista da gran oligarquía financeira, que non é senón a da suma e interacción das burguesías monopolistas e fraccións nacionais de cada estado, toda tentativa de emancipación real é ou un resultado de manobras dunha o outra potencia, ou/e a satisfacción dos intereses de clase das burguesías ou pequenas burguesías locais.

Os comunistas defendemos a liberación nacional desde o punto de vista e os intereses xerais do proletariado, hoxe a clase hexemónica e maioritaria en todos e cada unha das nacións e da totalidade da poboación europea. Consideramos que son a clase obreira e as súas aliadas clases traballadoras explotadas os suxeitos da autodeterminación, sen que competa á burguesía ou á pequena burguesía, tarefa revolucionaria democrática ou nacional algunha. Os intereses xerais do proletariado os representa o socialismo, e este obxectivo determina tamén a táctica e o programa nacional dos comunistas nesta conxuntura histórica, que no caso do estado español nos obriga ao proletariado das nacións integrantes e aos seus destacamentos de vangarda a dispor dunha estratexia en común, tendo como obxectivos o derrocamento da monarquía oligárquica e a revolución socialista na vaga xeral revolucionaria en Europa.

Os comunistas facemos valer a autodeterminación como punto de partida para a extinción da opresión nacional, como medio para o exercicio da soberanía, e compoñente e condición fundamental dun proceso constituínte do futuro poder obreiro e socialista en cada nación, que garanta a unidade, solidariedade e desenvolvemento dos pobos nun novo marco político supranacional que supere a estrutura caduca do estado opresor español.

CONTRA A EUROPA IMPERIALISTA,
SOCIALISMO PARA A LIBERACIÓN DOS POBOS!

POLA UNIÓN DE REPUBLICAS SOCIALISTAS,
ADIANTE A UNIDADE OBREIRA E POPULAR!

FORXA! COLECTIVO MARXISTA-LENINISTA


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.