1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

100216 vacas courelGaliza - GCiência - Os restos atopados na cova de Tara pertencen a reses do século V e de gandería extensiva.


Unha cova do Courel atesoura a historia da gandería en Galiza. Alí investigadores do Instituto de Xeoloxía ‘Isidro Parga Pondal’ atoparon restos de animais que nos falan da existencia de pastoreo extensivo nesta zona durante a época do antigo reino suevo de Galiza.

A cova de Tara conserva un singular testemuño das prácticas gandeiras na montaña lucense na alta Idade Media. O estudo foi realizado polos investigadores Aurora Grandal, Mónica Pérez Rama e Marcos Vaqueiro, e céntrase nuns ósos de vaca achados na cova xunto con diversos vestixios doutras especies domésticas e salvaxes, como cabras, ovellas e cervos.

A presenza dos restos apunta a que caeron pola boca da gruta de xeito accidental, xa que ten unhas dimensións reducidas, adoita en inverno ser cuberta pola neve e funciona como unha trampa natural. A análise dos ósos permitiu datar os animais. A proba do carbono 14 revelou  unha antigüidade de entre 1.540 e 1.488 anos, co que sabemos que vivían entre os anos 410 e 585, polo tanto durante o reino suevo de Galiza.

Os investigadores tamén certificaron que as reses non foron sacrificadas e consumidas pois non se atoparon marcas. A cova está situada a 1.035 metros de altitude, nunha zona illada que estaba poboada durante a época sueva. Tamén están próximos algúns poboados castrexos como o do monte Cido.

As dúas vacas tiñan como característica unha talla reducida. Unha delas non alcanzaba o metro de alto (97,6 cenímetros) na cruz. Este dato é importante, porque durante a época romana foron introducidas en Galiza especies de vacas de maior porte, e polo tanto con máis aproveitamento cárnico. Pero o descubrimento destas reses pode significar que non toda a cabana bovina galega mudou durante a dominación romana. E que, en zonas illadas como o Courel, ben puideron sobrevivir especies autóctonas de menor tamaño.

Ademais, os investigadores analizaron os dentes destas vacas e atoparon que consumían alimentos pouco abrasivos, como herba, fentos ou follas. O cal encaixa cun modelo de gandería extensiva, na que os animais andan libres polo monte, sen estar estabulados.

Outra das análises do estudo, publicado na revista ‘Cadernos’ do propio Instituto Xeolóxico Parga Pondal, revela que os animais tiñan uns tres anos de idade, o que fai sospeitar que non se empregaban para o consumo, senón para a cría de tenreiras que logo eran consumidas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.