1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120116 castroGaliza - Gciência - [Eduardo Rolland] O arqueólogo Rafael Rodríguez salienta a cabeza en pedra dun guerreiro atopada na última escavación.


O arqueólogo Rafael Rodríguez, da Deputación de Pontevedra, dirixiu a última campaña de escavacións no castro do monte Trega. Fala dun dos mellores xacementos do Noroeste da Península. E do achado dunha cabeza pétrea que representa un guerreiro da Idade do Ferro, e que se empregaba con fins máxicos, na crenza de que a súa alma protexía aos habitantes do castro.

–Cal sería o achado máis notable da campaña de escavacións que inclúe este programa?

–Hai varios. Pero destacaría no Trega a aparición dunha cabeza de pedra. Non hai demasiadas en Galicia. Moi poucas atopadas nun contexto arqueolóxico. Aparece vinculada a un elemento defensivo: a muralla. Son representacións de cabezas cortadas de guerreiros inimigos, que están para protexer a ese pobo. Parecen crer que a alma dos guerreiros valentes que foron vencidos pode protexerlles tamén a eles.

–Que importancia ten o castro do Trega?

–É o máis importante do Noroeste da Península. Tiña unha gran poboación. E elementos singulares que amosan prosperidade.

–O Celta é un club de fútbol e foi unha marca de cigarros… Pero, en arqueoloxía, segue a haber debate sobre se en Galicia houbo celtas?

–Volve rexurdir con forza o debate sobre os celtas. Pero hai que matizar. O Noroeste foi un punto moi permeable culturalmente. Estamos a catro días de navegación de Inglaterra e a catro de Cádiz. Non somos celtas, pero si estamos en contacto co mal chamado mundo celta. Hai pezas da celtiberia en castros de Galicia. Por exemplo, en Lalín e en Castro Landín apareceron elementos. Pero hai contactos coa Celtiberia, como os hai co mundo púnico, con Cartago, máis tarde con Bizancio, co norte de África… Non só os celtas, senón tamén outros pobos trouxéronnos a súa cultura.

–Como arqueólogo, que nome asignaría entón a eses pobos castrexos?

–Nós somos o mundo galaico. Non temos que ser outra cousa. Os romanos definíannos como “Gallaicoi”. E xa está. Galaicos. Eramos iso. Con influencias do Atlántico e do Mediterráneo, doutras culturas. Noutra época buscaron o mundo celta como referente, por un interese do século XIX. Pero a realidade é que non necesitamos apelidos doutros. Eramos galaicos. Esa é a miña opinión.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.