1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

oespiaGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela pecha a programación do mes de novembro este mércores 25 coa proxección de O espía que sentou á porta (The Spook Who Sat by the Door,  EUA, 1973), unha sátira de Ivan Dixon sobre a militancia negra e a loita polos dereitos civís nos Estados Unidos a través da historia dun afroamericano que se converte no primeiro axente negro da CIA. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


Nos anos setenta, en Chicago, a CIA recruta afroamericanos por motivos de corrección política e discriminación positiva. Só un deles, Dan Freeman, un nacionalista negro infiltrado, consegue superar a instrución, e convértese no primeiro home negro que traballa na axencia. A CIA dalle un traballo de despacho: estar a cargo da fotocopiadora. Freeman comprende así que é só usado para dar unha mostra do suposto compromiso da axencia para a integración e o progreso da comunidade afroamericana.

Baseado na novela homónima de Sam Greenlee, publicada en 1969, este filme satiriza o movemento de reivindicación negra de finais dos 60 ao tempo que quere servir de revulsivo á militancia afroamericana da época. “"O máis radical dos filmes da blaxploitation dos anos 70", como o chamou Jonathan Rosenbaum, foi aclamado na súa estrea polo público, pero ben logo desapareceu das salas de cinema por mor da actividade do FBI, que mandou os seus axentes a advertir aos propietarios dos cinemas para evitar novas proxeccións. Só a precaución de Ivan Dixon, que arquivou o negativo baixo un título distinto, fixo que esta fita puidera sobrevivir até os nosos días.

Nas palabras de David Somerset, “O maior logro d’O espía que sentou á porta é como logra representar o espectro de roles sociais dentro da comunidade afroamericana. Este poderoso espello ofrécelle á audiencia a oportunidade de ir alén da circunstancia persoal e formar parte de accións colectivas que rompan coa división de clases. Un retrato vigoroso da linguaxe das políticas raciais, a súa complexidade e contradición inherentes dan no corazón da experiencia da América negra e animan ao espectador a transcender as clases e ter en consideración os problemas colectivos.”

Ivan Nathaniel Dixon naceu en Harlem en 1931 e graduouse en teatro na Universidade de Central de Carolina do Norte en 1954. A continuación, iniciou a súa carreira como actor, pola que é máis coñecido, en Broadway en 1957. Pero son os seus papeis para a televisión nos 60 os que lle darían maior fama, especialmente o do sarxento James Kinchloe en Os heroes de Hogan (1965-1970) e o protagonista do telefilme A guerra final de Olly Winter (1967).

Como director, realizou numerosos telefilmes e episodios de series de televisión ao longo dos 70 e 80, entre eles algúns de programas moi coñecidos como A hora de Bill Cosby, O grande heroe americano, O equipo A ou Magnum PI. Como realizador cinematográfico deixou unicamente dúas longametraxes, o thriller de blaxploitation Trouble Man (1972) e O espía que sentou á porta. Moi activo no movemento dos dereitos civis, dirixiu a asociación Negro Actors for Action. Tras retirarse da actuación e da dirección, foi propietario dunha emisora de radio en Maui até que a vendeu por razóns de saúde. En 2008, morreu en Charlotte, Carolina do Norte.

A vindeira cuarta feira, 2 de decembro, o Cineclube vai iniciar un ciclo que ten África como fío condutor. Nesta primeira sesión, faino con dous filmes pioneiros do anticolonialismo: África 50 (Afrique 50,  Francia, 1950), o primeiro filme anticolonialista francés, dirixido por René Vautier; e Volve, África (Come Back, Africa,  EUA, 1959), unha docuficción de Lionel Rogosin gravada na África do Sur do appartheid.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube.  O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o seu funcionamento, propón unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.