1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

1d1025c0 3ead 4229 9130 40624fdb0cbdGaliza - Lazoiro - Ao longo do fin de semana que estivo aberta a exposición Memoria de Salvaterra, do 20 ao 22 de novembro, pasaron 1.000 persoas, moitas deles non só veciños de Salvaterra, senón tamén doutras localidades e tamén Monçao. 


Na exposición, que contaba con medio centenar de fotografías ordenadas por décadas, onde se podían ver as dezaesete parroquias de Salvaterra, ademais, moitas fotos compartían historia con Monçao; por exemplo nas que sae o río Miño.

Ademais das fotografías, podían verse obxectos do antigo cine Coliseo, documentos de xornais antigos, onde saían publicidade de empresas da zona e novas sobre festividades ou temas locais.

A xente tamén podían atoparse con entradas do antigo transbordador que unía Salvaterra e Monçao antes da chegada da Ponte Internacional.

Durante os tres días que durou a exposición, moitos veciños e veciñas de Salvaterra amosáronse dispostos a conseguir máis fotografías para que as Lazoiro, asociación organizadora do evento, as poda dixitalizar.

A emoción podía verse en especial na cara dos máis maiores, ao verse recoñecidos en moitas fotografías, ou en grupos de xente que se forman ao redor dunha fotografía exposta para comentala, ou intentar averiguar quenes eran as persoas que saían.

Dende a asociación Lazoiro amósanse moi satisfeitos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.