1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

020715 escuaGaliza - PB - Preto dunha vintena de colectivos organizan por sexto ano o “veránEarte”, unha programación de ocio nos meses de xullo e e agosto nas rúas de Ourense.


Por sexto ano consecutivo, colectivos culturais e sociais da cidade reunidos en EsCuA (Espazo Cultural Asociativo de Ourense) organizan o “veránEarte”. Nesta ocasión son 18 asociacións ás que participan na elaboración desta programación de ocio conxunta que vén máis completa ca nunca: ata 35 actividades para os meses de xullo e agosto.

Se o habitual nas edicións anteriores eran dúas citas lúdicas por semana, nesta ocasión os organizadores conseguiron programar “entre tres e catro veces por semana, actividades de todo tipo”, explicaba unha das organizadoras, Ximena González.

Múltiples espazos da cidade darán acubillo a concertos, palestras, encontros asociativos, exposicións ou proxecións de cinema ao aire libre. Tamén destacan na programación a festa do día da Patria Galega que se desenvolverá o sábado 18 de xullo na Praza de San Cosme ou os dous roteiros: un natural e cultural a Santa Comba de Naves e outro patrimonial pola rúa do Paseo. Os martes serán días de concerto na praza San Marcial e os mércores cinema para todos os gustos, comezando cun ciclo de cinema francés infantil na Biblioteca Pública e en agosto cinema ao aire libre na praza de San Marcial.

Na programación tamén hai espazo para o público infantil, así, haberá dous luns nos que as cativas da casa poderán gozar da rúa como espazo de xogo. Chégase nesta ocasión ao concello de Barbadás para programar alí unha destas xornadas, concretamente na Valenzá. Aulas de baile tradicional para todas aquelas persoas que se queiran iniciar, tamén obradoiros didácticos sobre como interpretar a factura eléctrica e unha palestra sobre a historia da muller na música son outras das propostas.

Dous documentais: “Cartas Galiza-Berlín” e “Yes We fuck” que abordan temas ben diversos dende o xénero da non ficción. Ou as interesantes performances “Olímpalas” e “Cantigas que espantan” que retratan ao patriarcado ata deixalo espido. A música de taberna tamén ten o seu espazo na programación desta sexta edición cunha pandereitada e un karaoke en directo polos bares da zona histórica da cidade. Cada un dos meses rematará cunha bicicletada da Masa Crítica reivindicando outra mobilidade posible en Ourense.

A programación péchase co festival máis cómico e irreverente que é xa un dos clásicos do verán ourensán. O Festival Intercultural do Barbaña está a medio camiño de dous piares da tradición da cidade: as coplas dos maios e o entroido. O FIB ofrecerá un ano máis unha selección de versións interpretadas en directo nas que se dará conta da realidade política e social local en clave de cantiga de escarnio.

Os integrantes de EsCuA agardan que estas propostas sigan sendo ben acollidas polo público ourensán. O ano pasado, a media de asistencia aos concertos roldaba as 70 ou 80 persoas, mentres que o FIB foi “todo un éxito” con alomenos 600 persosas, apuntaba outro dos organizadores, Carlos Rafael.

Reclaman un edificio para asociacións
Rafael precisaba por certo que un dos motivos que levaron a EsCuA a realizar o “veránEarte” é como xeito de reivindicación á administración local dun edificio público para poder traballar: “temos que traballar nas rúas porque noutro sitio non podemos”, explicaba.

Toda a programación do “veránEarte” pode consultarse xa na axenda da nosa web.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.