1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

271114 AngroisGaliza - MCG - [Montse Dopico] Cineuropa vén de engadir á súa programación a proxección do documental 'Angrois no esquecemento', un documental que entrevista vítimas, familiares, profesionais dos servizos de emerxencias e persoas anónimas que colaboraron no rescate e que, un ano despois do descarrilamento do Alvia, intentan superar o que pasou.


Será o venres 28 ás 22.30h no Centro Galego de Arte Contemporánea con entrada libre. Hai un segundo engadido ao programa, que é un novo pase de 'A viaxe dos Chévere', o domingo 30 ás 23.45 no Salón Teatro coa presenza dos Chévere para debater do filme. A entrada será con convite que se pode recoller a partir das 15.30h do xoves 27 na billeteira do Teatro Principal.

O xoves 27 no Salón Teatro estará de estrea ás 16:00 horas 'Xenia', de Panos H. Koutras, unha mostra do puxante cinema grego descuberta na sección "Un Certain Regard" de Cannes. O filme narra a viaxe de dous irmáns gregos de nai albanesa na busca dun anónimo pai que os recoñeza para deixar de ser estranxeiros no seu propio país.

A continuación, no Salón Teatro ás 18:15 h., 'Plemya. The Tribe', de Miroslav Slaboshpitsky, película ucraína que levou a Semana da Crítica en Cannes. A historia transcorre nun internado de xordomudos, unha microsociedade na que tamén existen normas de convivencia e de supervivencia. Ás 22:00 no Teatro Principal terá lugar a xa tradicional proxección dunha película sorpresa.

Haberá tamén novos pases de 'Goodnight Mommy', de Severin Fiala e Veronika Franz (Salón Teatro ás 20:30 h.), e 'Winter Sleep', de Nuri Bilge Ceylan (Salón Teatro ás 22:15 h); e os últimos de filmes tan valiosos como 'White God', de Kornél Mundruczo (Teatro Principal ás 16:00 h.); 'A pigeon sat on a branch reflecting on existence', de Roy Andersson (ás 18:00 h. no Teatro Principal); 'The Smell of us', de Larry Clark (20:00 h. no Teatro Principal), e 'Cold in July', de Jim Mickle (Teatro Principal ás 23:45 h.).

O CGAC ten programado para ás 21:20 h., o documental 'Le Chagrin et la Pitiè' (A tristeza e a piedade), de Marcel Ophüls, filme que indaga sobre o colaboracionismo francés coas tropas nazis durante a Segunda Guerra Mundial. O Centro Cultural Afundación volve dedicar a súa programación aos últimos filmes de grandes directores que o tiveron todo no Novo Hollywood dos 70. Así, ás 16:30 h. proxectarase 'The Canyons', de Paul Schrader; ás 18:15 h., 'Bulworth', de Warren Beatty, e ás 20:15 h., 'Twixt', de Francis Ford Coppola.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.