1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150714 festival-folque-ortigueiraGaliza - Sermos Galiza - O Festival de Ortigueira chega a súa 30 edición cun programa no que conta coa participación de The Chieftains e Milladoiro, grandes nomes do festival da música celta. 


Do 17 ao 20 de xullo desenvolverase en Ortigueira a 30 edición do seu popular festival, unha cita imprescindíbel do verán na música celta. Nunha edición especial, o programa contará coa participación da banda irlandesa  The Chieftains e da galega Milladoiro como cabezas de cartel. Carlos Blanco será o presentador nesta edición conmemorativa que recupera esta figura no festival que enche Ortigueira de música xa que, máis alá dos espazos propios do festival, toda a vila se converte en escenario en especial a través das “free sessions” que ofrecen as rúas a novas bandas de folk. 

Anxo Lorenzo ou Pepe Vaamonde son outras das propostas galegas nun festival no que tamén participarán desde  Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda), Moxie (Irlanda), Ruaille Buaille (País Vasco) ou Treacherous Orchestra (Escocia). 

O rock de Red Cardell xunto coa música tradicional bretoa de Bagad Kemper daranse a man no espectáculo Fest Rock. Bellón Maceiras Quinteto ou a irlandesa Moxie serán algúns dos nomes emerxentes que resultaron finalistas do Proxecto Runas e que presentarán os seus traballos no festival.  


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.