1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

bonecos-615x319Galiza - Magazine Cultural Galego - [Montse Dopico] Nove companhias de teatro de monicreques de diferentes pontos da Galiza e de Portugal e agrupaçons de cabeçudos e gigantes procedentes de várias localidades galegas e lusas participarám em Ourense no I Encontro Bonecos do Atlántico.


Trátase dun festival dirixido ao público infantil, adulto e familiar, co que se pretende recuperar a tradición dos bonecos nas festas populares, segundo salienta a organización nunha nota de prensa.

Aproveitando que este ano Ourense ostenta a capitalidade cultural do Eixo Atlántico Galicia-Norte de Portugal, o Concello decidiu organizar este I Bonecos do Atlántico do martes día 24 ao sábado día 28. Para o martes, mércores, xoves, venres e sábado, hai programadas diferentes actuacións de compañías de monicreques tanto na Alameda Bispo Cesario como nos Xardíns Padre Feijóo. As funcións durante os catro días correrán a cargo dos grupos galegos Títeres Mircromina, Marionetas Trécola, Fantoches Baj, Larraitz Urruzola e Títeres Cascanueces; e dos grupos lusos Filandorra Teatro do Nordeste, Cia Fio d’Azeite, S.A. Marionetas Teatro & Bonecos e Títeres MAO.

Xa o sábado, 28 de xuño, celebrarase o Encontro de Xigantes e Cabezudos. A recepción será pola mañá na Alameda Bispo Cesario, onde tamén haberá instalados xogos populares de todo o mundo. Pola tarde terá lugar o desfile de cabezudos e xigantes polas rúas do centro da cidade de Ourense. No Encontro participarán xigantes e cabezudos procedentes dos concellos galegos de Ourense, Xinzo, O Barco, Allariz e Celanova; e gigantones e bombos dos concellos portugueses de Braga, Palmela e Vila Real. Todos eles recibirán unha estatuíña deseñada polo titiriteiro e escultor Luis Iglesias ‘Luchi’. Trátase dunha estatuíña do ‘Bocas’, o personaxe ideado por Eduardo Blanco Amor para ‘A Esmorga’.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.