1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

newGaliza - Cineclube Compostela - «Cinema experimental: Cinema vangardista, crítico (Scott MacDonald), formal, concreto, materialista (Peter Gidal), abstracto, non figurativo, libre (Steve Dwoskin), alternativo, independente, analítico (Bill Brand), marxinal, discrépant (Isidore Isou), radical, alternativo…


Á parte dos diferentes “xéneros” que todos eses nomes engloban: cinema underground (clandestino), lírico, métrico, puro, neoformal (LeGrice), de montaxe. Ningún dos nomes reflicte exactamente a natureza deste tipo de cinema. Utilizarei experimental por ser o mais habitual (non o mellor: alude á obra como “experimento”, o que está lonxe da intención de gran parte das e dos cineastas). Cinema experimental: Películas “artesanais” (non por iso menos acabadas), feitas fora dos círculos comerciais ou de subvencións, que se desenvolven nos límites das normas expresivas e estéticas. Polo seu mesmo carácter vangardista o que en certo momento resulta experimental e pouco asimilábel pola audiencia pode chegar a ser moeda de cambio tempo despois (hoxe a publicidade televisiva ou os vídeos musicais non son máis que cinema experimental aplicado). O cinema experimental, en grande medida, é un cinema “anti-comercial”: nun senso básico, non busca o beneficio económico; non se distribúe en salas comerciais; a nivel expresivo é un cinema que reacciona ante as normas cinematográficas establecidas (o “Modo de representación institucional”). Nese sentido, é un cinema non narrativo ou mesmo anti-narrativo. Busca desesperadamente o seu recoñecimento como “arte” (moitas veces desde postulados contrarios ao concepto de arte) nun mundo cinematográfico obcecado polo mercado. Sen presencia no mercado, realmente existe o cinema experimental? Se non se distribúe en salas comerciais onde se pode ver? Nas filmotecas, rara vez; nos museus e nas universidades. As películas de Man Ray exhíbense nos museus ao tempo que as súas fotografías; Lis Rhodes estrea as súas últimas películas na Tate Gallery de Londres. Existe certo recoñecemento por parte da Academia, aínda que nos estudios universitarios e teóricos sempre se escollan as catro películas de sempre (Wavelength, A Movie) para disecalas e asimilalas e así poder prescindir do demais cinema experimental, tan vivo e variado (e aí está o perigo de facer unha selección como a presente). Máis que un problema de público (aínda que non creo que este sexa inferior ao de calquera pintor de mediana calidade nunha galería calquera) existe un problema de distribución e de educación visual. Nun mundo cada vez máis influido pola imaxe non existe unha educación básica audiovisual. Saímos da escola preparados para “entender”, cando menos, un cadro abstracto, mais non para entender unha película abstracta.»

(fragmento de «Introdución aos clásicos do cinema experimental«, Alberte Pagán, CGAC / CGAI, Compostela, 1999)

Mércores 30 de abril ás 21.30 no Pichel
Introdución ao cinema experimental. Parte I (1942-1977) | Duración total: 81′

Número 3: Entrelazado
(Number 3: Interwoven, Harry Smith, EUA, 1946, 3′, VO)
+
Cachifallos
(Odds & Ends, Jane Conger Belson Shimané, EUA, 1959, 4′, VOSG)
+
Aleph
(Aleph, Wallace Berman, EUA, 1966, 8′, VO)
+
Á noite con fachos e lanzas
(By Night with Torch and Spear, Joseph Cornell, EUA, 1942, 8′, VO)
+
Valse triste
(Valse Triste, Bruce Conner, EUA, 1977, 5′, VO)
+
A casa Wedlock: Un coito
(Wedlock House: An Intercourse, Stan Brakhage, EUA, 1959, 11′, VO)
+
Castro Street
(Castro Street, Bruce Baillie, EUA, 1966, 11′, VO)
+
Tensión superficial
(Surface Tension, Hollis Frampton, EUA, 1968, 10′, VOSG)
+
Solidariedade
(Solidarity, Joyce Wieland, Canadá, 1973, 11′, VOSG)
+
Nova e mellorada calidade institucional: No contexto das líquidas e as nasais ás veces se desenvolve unha vogal parasitaria
(New Improved Institutional Quality: In the Environment of Liquids and Nasals a Parasitic Vowel Sometimes Develop, Owen Land, EUA, 1976, 10′, VOSG)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.