1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

Foto - Francisco Muntaner - Martim SarmentoGaliza - O Mego da Escola - Tras da celebración do acto de presentación do libro de Rosalía de Castro "Cantares gallegos" en edición de Anxo Angueira da editorial Xerais de Galicia no 150 aniversario da publicación do primeiro poemario en galego da autora, o Bierzo volveu a homenaxear a poeta que é símbolo da Literatura galega contemporánea.


No acto interviñeron "distintas Rosalías bercianas" é dicir, un grupo de mulleres de distintas idades que quixeron evocar coa lectura de distintos versos de Cantares a proximidade coa que se sente no Bierzo a Rosalía. Marisa Cela foi quen no nome dos organizadores do acto ( Comisión Cultural MartíN Sarmiento, Fala Ceibe, Xarmenta e a Escola de Gaitas de Vilafranca) ía dando paso ás recitadoras. Tamén interviñeron Mar Palacio, presidenta do Instituto de Estudios Bercianos lembrando ao recentemente homenaxeado, tamén no teatro vilafranquino,Ramón González-Alegre que nos anos difíciles da posguerra fixera un gran labor na reivindicación de Rosalía nos ambientes literarios de Madrid. Por outra banda, Héctor Silveiro fixo fincapé no vencello de autores bercianos coa obra de Rosalía, Sarmiento como modelo, Morales como poeta coetáneo que participa desde o Bierzo do mesmo movemento literario, o Rexurdimento, que Rosalía sitúa no seu punto máis álxido de maduración, á vez que se citaban outros vencellos sentimentais e culturais evidentes como a lingua dos Cantares ou a música que o cantautor berciano Amancio Prada puxo aos versos de Rosalía.

Finalmente Anxo Angueira fixo unha exposición na que ademais de incidir na personalidade de Rosalía como muller libre, independente e solidaria insistindo en distintos datos da súa biografía, argumentou como a súa edición incorpora a importancia que Sarmiento ten para a creación dos Cantares que veñen sendo un punto final dun proceso que na literatura galega nace coas Cantigas medievais, onde a música e a poesía ían da mao, logo virían as coplas de Sarmiento, concebidas tamén como composiciois cantadas e finamente os Cantares de Rosalía. Sinalou logo coincidencias entre autores como Morales e Rosalía nos seus personaxes populares os que veñen da sega de Castela. Angueira tentou á vez explicar como Rosalía facía acopio do cancioneiro tradicional establecendo unha relectura, utilizando a tradición oral, pero tamén sendo crítica coa mesma. Puxo como exemplo o poema dialogado entre unha costureiriña e unha santa, poema que recitou completo e de memoria (como fixo ao longo do seu relatorio con outros poemas que foron correspondidos con cariñosos e fervorosos aplausos do numeroso e entregado publico asistente). Angueira tamén manifestou a importancia do discurso social, feminista e político da autora.

O remate foi cantado. Aínda, o cantautor berciano, coa súa filla no colo, sorprendeu ao público cantando unha cantiga de berce en galego berciano tirada da recolleita realizada por Alicia Fonteboa, ademais do seu coñecido tema "A lingua das bolboretas", atrevéndose finalmente a invitar ao público a cantar con el o "Adiós ríos, adiós fontes..."

O acto tivo ademais o seu seguimento mediático en medios bercianos e galegos fixéronse eco do acto.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.