1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - Cineclube Compostela - Cris LoresGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela remata o mes de maio cunha proxección especial, esta cuarta feira 29, dedicada ao cineasta pontevedrés Cris Lores, que visitará o Cineclube acompañado da presentación de Alberte Pagán e da música ao vivo de Urro. A sesión estará composta por unha selección das súas curtametraxes, que incluirá as seguintes pezas: Virando, Ventana, See the Sea,LimpaParaBrisas, Ponte Quieta, Cielulosas, Corpi in movemento Due, Nueve e 8. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) e, por cuestións técnicas, vai dar comezo de maneira excepcional ás 22:00 horas.


O cinema de Cris Lores esta marcado, segundo a análise de Alberte Pagán, por dúas tendencias: "Por umha banda estám essas películas "acabadas", cos seus títulos e os seus créditos, coas interpretaçons ou presenças das suas actrices e actores, que ilustram umha narraçom, um texto poético-filosófico ou umha idea (O zoqueiro maldito, Dos somos dos, Nueve). Por outra banda temos esses fragmentos, anacos, retrincos, apontamentos plásticos, improvisaçons e experimentaçons técnicas, sem título interno, sem créditos nem dataçons, sem princípio nem fim, sem presença humana, que quiçá sejam o melhor da sua produçom (Sombrarrotes, Viran2, Ventana).

Nesta sesión do Cineclube, poderemos ver unha mostra de boa parte da obra do realizador pontevedrés, especialmente virada sobre a súa faceta máis experimental. Así, poderemos ver as pezas Virando (onde o cineasta guinda a cámara gran angular ao ar para recoller paisaxes curvas á beira do mar), Ventana (un breve exercicio formal sobre a temporalidade), See the Sea (unha paisaxe mariña filmada en diagonal), LimpaParaBrisas (onde a cámara, desde o interior dum coche em marcha, encadra a estrada pola que circula), Ponte Quieta e Cielulosas (duas paisaxes, nas que Lores manipula o espazo e a temporalidade, a primeira coa Ponte do Burgo como escenario e a segunda coa celulosa de Lourizán), Corpi in movemento Due (un reloxo humano superposto, multiplicado e abstraído até o extremo), Nueve (unha peculiar sinfonia urbana transformada en drama persoal) e 8 (filme en Super8 rodado por Belen Veleiro, destruído por Ian Lorenzo, Liam Lores e Alberte Pagan e modificada, desde tres proxectores, en tempo real por Cris Lores).

Estas nove pezas conforman unha mostra para achegarnos á filmografía de Cris Lores, que estará ademais no Cineclube para introducir os seus filmes e comentalos co público. Ademais diso, esta sesión especial vai contar coa presentación de Alberte Pagán, cineasta experimental, crítico e colaborador habitual do Cineclube, e coa música, ao vivo, de Urro, o trío de free jazz e improvisación no que participa Lores e que tamén é un vello coñecido do Cineclube por ter participado nalgunha das nosas festas de aniversario.

O mércores que ven, 5 de xuño, o Cineclube comezará o novo mes coa proxección de O diario de David Holzman (David Holzman's Diary, EUA, 1967), dirixido por Jim McBride, un fake documentary que nos serve como "epílogo" a serie de diarios filmados que ocupou parte deste mes de maio. Neste filme, a través dunha falsa autobiografía, McBride reflicte a súa propia vida e experiencia e o mundo que o rodea.

Os filmes vai ser proxectado na súa versión orixinal. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

Mércores 29 de maio, ás 22.00h no Pichel
Virando
Ventana
See the Sea
LimpaParaBrisas
Ponte Quieta
Cielulosas
Corpi in movemento Due
Nueve
8
(Cris Lores, Galiza, 2007-2013, 75', VO)
Presentada por Alberte Pagán. Coa presenza do director e a música ao vivo de Urro

Mércores 5 de xuño ás 21:30 no Pichel
O diario de David Holzman
(David Holzman's Diary, Jim McBride, EUA, 1967, 74', VOSG)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.