Galiza - Axóuxere - Logo de termos recibido un elevado número de propostas en relación á Convocatoria para a Residencia de Verán 2013 de Axóuxere, todas elas de grande interese, e coñecendo que a nosa tarefa como xestores culturais debe ser a de dinamizar e facer medrar o espectro contemporáneo na arte, na literatura e no pensamento, finalmente, e en consenso comunitario, decidimos seleccionar dúas delas. Deste xeito, lamentando ter que deixar outras -tan válidas ou tan interesantes como as elixidas- á marxe, presentamos estas candidaturas, que han concorrer nos meses de Xullo e Agosto, mantendo a editora contacto coas persoas elixidas a fin de determinar o tempo preciso da súa estada.
As candidaturas elixidas son:
- João Tordo (Portugal)
- Arancha Nogueira (Galiza)
A intención da Residencia de Escritores é a de permitir o desenvolvemento dun espazo e tempos propicios para o despregue persoal, comunitario e creador. É por iso que, malia ter que seleccionar unha ou unhas poucas propostas de cada Convocatoria, a idea é que o espazo de Axóuxere estea aberto á convivencia comunal. É deste xeito un espazo ao que quen quixera coñecernos e compartillar con nós pode achegarse; a este noso pequeno, pero confortable lar. Océano-Universo.
Grazas a tod@s.
Foto: chausinho / Flickr - Alguns direitos reservados - A residência decorrerá na vila galega de Rianjo
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.