A organización amósase "moi satisfeita" coa calidade artística do festival, desde os concertos de noite con Manu Chao e Fermin Muguruza, entre outros, ata as actuacións musicais e de circo e as actividades paralelas da programación de día. Tamén destacan "a importancia que tivo a implicación social para sacar adiante o Festival Reperkusión. O apoio dos muchachos bemposteños e das moitas persoas implicadas na recuperación do proxecto de Bemposta a foi imprescindible para o éxito desta edición".
Neste sentido, a organización só lamenta "a falta de sensibilidade do Concello de Ourense, que non amosou ningún interese en apoiar o festival en Bemposta. Só a resposta social permitiu sacar adiante un festival e un proxecto que o Concello non valora o suficiente. Con cero euros de achega municipal e nun momento no que a Xunta de Galicia aínda non publicou as súas axudas a festivais, o Reperkusión conseguiu saír adiante sen ningún apoio económico das administracións".


