1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

bailegalizatxorimaflickrGaliza - MPG - Nesta edición tratarase a adaptación de bailes foráneos como o Valse, a Rumba ou o Pasodobre, á tradición galega.


O vindeiro 27 de abril, "A voltas co baile: Valse,Rumba e Pasodobre" continuará a formación iniciada o pasado ano cunha edición na que se trataron bailes centroeuropeos como o  Scottish ( Chotis), a Mazurca ou a Polka.

A tradición popular conta con moitos bailes. Aínda que os máis coñecidos entre a maioría do público urbano son a muiñeira ou a "jota", o certo é que todos os bailes que, nalgún momento, estiveron de moda, pasaron ao acervo tradicional galego coas modificacións que os instrumentos musicais de Galicia, o xeito de bailar e a creatividade popular, infrinxiron sobre os mesmos.

A xornada de formación teórico-práctica do sábado 27 e que se vai desenvolver durante toda a xornada desde ás 11h00 até ás 19h30, ten como tema central a orixe, evolución e transformacións dalgúns destes bailes que, procedentes de Centroeuropa uns e de América outros, fixéronse moi populares en gran parte dos dous continentes. Aquí e acolá, en Europa e en América, son bailes de parella, de bailar agarrado que as e os participantes no curso poderán coñecer desde o punto de vista teórico como do práctico coa execución dos pasos deste baile nos diferentes lugares pero, fundamentalmente, no territorio galego.

Este ano a dirección do curso corre a cargo de Manolo Cobas, músico, docente de música e baile tradicional así como recompilador e estudoso do folclore.

As prazas son limitadas e a matrícula farase por orde de inscrición no correo electrónico deac@museodopobo.com . A matrícula é gratuíta para as persoas socias do Museo e, para o resto,  ten un custe por materiais de 5 euros e 3 para persoas desempregadas e pensionistas. O curso conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.

Foto: Txorima - Alguns direitos reservados


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.