1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130402 burroGaliza - Sermos Galiza - "O un de abril van os burros onde non deben de ir". O refrán galego que exemplifica que este é día de brincadeira e de xogar a enganos. Unha tradición que o Estado español non celebra (faino o 28 de decembro, Día dos Inocentes) mais si Reino Unido, Portugal, Francia, Polonia e mesmo Alemaña. Mais, de ónde vén? Pois...sempre nos quedará París


No Estado español celebran o Día dos Inocentes, un 28 de decembro que dá para brincadeiras, enganos, chuflas, e mesmo galas na TV. No Estado español e América Latina é costume que nesa data haxa brincadeiras de todo tipo, mesmo nos medios de comunicación. Porén, malia que poida semellar que o 28 de decembro se celebra en todo o mundo, é unha data restrinxida ao mundo da hispanidade. De feito, en países europeos como Alemaña, Reino Unido (April Fool´s Day) , Portugal, Polonia ou Francia (Poisson d´avril), o 28 de decembro non significa máis que o día após o 27 e anterior ao 29. Neses países europeos, ao igual que en Galiza, o día das brincadeiras, do engano, das bromas, é o 1 de abril. “O un de abril van os burros onde non deben de ir”.

Xa Otero Pedrayo en Historia de Galiza aponta a esta data, 1 de abril, como a das bromas e trampas, facéndose eco dunha tradición que, malia ir esmorecendo nestas décadas , pervive e mesmo rexorde nestes últimos anos.

O que non sabe é como o que non ve

Mais, de onde vén esta data? Pois a explicación é relativamente sinxela: O rei Carlos IX aprobou un novo calendario de festexos, que finiquitou o que fixaba que o Aninovo caía no 1 de abril. Daquela a información, loxicamente, circulaba máis a modiño, polo que non poucos e poucas seguirían a celebrar esa data o 1 de abril e non o 1 de xaneiro.

De feito, e alén de Galiza, no que é o Estado español o 1 de abril tamén se celebra en Menorca, a onde arribou no século XVIII de man da dominación británica.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.