1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130307 agadicGaliza - Sermos Galiza - Despois de cinco meses coa praza vacante, a Xunta designa como director xerente de AGADIC a unha persoa do mundo da empresa e allea á cultura. Jacobo Sutil traballou con anterioridade como director administrativo-financieiro da constructora San José.


A Xunta vén de cubrir a praza de director-xerente da Axencia Galega de Industrias Culturais cun home con perfil empresarial e experiencia no sector da construción na empresa San José. No momento máis duro para o sector do espectáculo, a Consellaría de Cultura aposta por un home alleo completamente ao mundo cultural para cubrir a praza que continuaba vacante desde a marcha de Xoán Carlos Fasero -que proviña da creación e industria musical- para a SGAE. 

Perfil laboral

Segundo o seu perfil público na rede social Linkedin, Jacobo Sutil estudou empresariais na USC entre 1991 e 1996, entrou na Escola de Negocios de Caixanova e realizou un master en dirección financeira no Cesma. En 1998 entrou a traballar na Constructora San José S.A. primeiro como responsábel da súa delegación en Valencia, logo como director do departamento en Mallorca e en 2002 como director de administración da delegación de Madrid e Castilla la Mancha. A relación con esta empresa da construción rematou en xuño de 2011 cando era Subdirector Comercial en Madrid.

Con pouca presenza nas redes sociais, Jacobo Sutil deixa claras as súas preferencias nas sete persoas e entidades das que é seguidor en twitter, Rafa Nadal, Piqué, F.C.Barcelona, Marca, ABC, The New York Times e Paul Gasol. Ningún contacto do mundo da cultura nin da Galiza. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.