1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

130303 outeiroGaliza - Galiza Confidencial - Galaxia edita unha nova obra de Otero Pedrayo na que o autor insiste no mundo tradicional fronte ao moderno. Por iso, reivindica o humilde, representado polo pan centeo, e tamén a nobreza como clase dirixente social en lugar da burguesía capitalista. Crítica de X.M. Eyré.


Título: Xeórxicas do pan
Autor: Ramón Otero Pedrayo
Editorial: Galaxia
 
Que a estas alturas do século XXI, máis de tres décadas despois o seu pasamento, apareza e se edite unha nova obra de don Ramón Otero Pedrayo, constitúe unha extraordinaria, unha excelente noticia. Que esta edición cadre cando a Fundación Penzol, depositaria do legado do de Trasalba, está a piques de celebrar os seus 50 anos, cae que nin pintado para ponderar, agradecer e enxalar o labor dunha das institucións basilares da cultura de nós. Que o autor sexa don Ramón Otero Pedrayo abre espazo para a revisión, actualiación e interpretación do corpus literario dun dos autores máis importantes e trascendentes da nosa historia cultural; cultural e non só literaria pois o significado da súa obra e figura ultrapasou os lindes fronteirizos da arte escrita; oxalá dea lugar a unha consistente socialización das mensaxes que don Ramón e a Xeración Nós nos deixaron. Que as Xeórxicas do pan sexa título literario non só engrandece o seu corpus literario senón que ademais o fai reforzando un xénero no que só contabamos cun título que parecía indicar o pouco afecto que o autor sentía pola súa obra poética: Bocarribeira. Versos para ler e queimar; o cal supón a revisión da relación da Xeración Nós coa poesía.
 
Si, á vista destas Xeórxicas do pan cabe moi ben reinterpretar ese enigmático versos para ler e queimar. Particularmente sempre fomos dos que creron que non era unha mensaxe literal senón simbólica. Que ese queimar é sinónimo de arder e se refire a que só os versos que les e che arden dentro teñen verdadeira importancia, pois é dese xeito que acadan eternidade e función social, alén das marxes literarias, ao se incorporar á vida do lector. Apoíase esta interpretación no feito de que toda a obra de  don Ramón é un darse para explicarse e compartirse. Toda. A comunicación e compartimento da ardencia interirior, da intimidade máis íntima. Un concepto que así formulado se pode interpretar como ben moderno para o seu tempo, inclusive como vangardista.
 
Unha das razóns polas que pasa á historia a Xeración Nós é polo impulso que a narrativa deron, a un xénero pouco desenvolto nas nosas letras, impulso que non se pode desvincular do traballo que as Irmandades da Fala desenvolveron. E ese impulso conlevou tamén o aggiornamento, poñer a narrativa que agromaba en contacto directo co que fóra das nosas fronteiras se facía. En tanto desatendía a poesía. Porén estes máis de dous mil versos que agora ven a luz na Editorial Galaxia obrigan a reformular esa relación coa poesía. Tirada de máis de dous mil hendecasílabos brancos que se nos ofrecen en tres versións. A estendida, a curta e a intermedia. Máis de dous mil versos; tres versións; un autor que, contra a fama que o cualificou para a posteridae, tiña un moito máis frecuente contacto coa poesía do que parecía e como esta longa tirada de versos demostran. Sen dúbida tratouse dun proxecto moi querido polo autor, pois investiu moito, moito tempo e traballo na súa confección. Porque, logo, ficou inédito? Posiblemente Otero tivera peor concepto de si mesmo como poeta do que en realidade é ou era. Ou que o clasicismo dos seus versos o botara para atrás, nunha hora en que a poesía tendía precisamente a desfacerse das ataduras clásicas. O de Trasalba sempre foi un autor moi condicionado polo mundo clásico, aínda que, curiosamente, chegara o mellor de si mesmo xusto cando era quen de ceibarse desas ataduras, na nosa opinión. Para o que cómpre unha dose de decisión que neste caso non o acompañou.
 
Cal das tres versións sería a final? Será establecelo, mais sei é posíbel. A curta deixaría a imaxe dun Otero máis moderno, dun texto máis puído e máis respectuoso co modelo das Xeorxicas de Virxilio, como ben advirte Silvia penas en palabras prologares. A estendida parece acompañar mellor esa imaxe oteriana de autor que non adoitaba revisar moito os seus textos, ao que a literatura lle saía a borbollóns, polo que a curta cadraría moi ben con ese proxecto querido que antes mentamos. E cabe a posibilidade de que a curta fora o esquema, a estrutura que posteriormente iría enchendo, o cal o orbigaría a modificar en certa maneira o seu método de traballo.
 
O Otero Pedrayo que nas Xeórxicas do pan se nos amosa non difire do que coñecemos. Un autor de verbalidade prodixiosa, o cal equivale a  grande coñecimento du mundo certamente complexo, de verbalidade incontida, dunha verbalidade que ten moito que ver coa orixe e forma dos seus textos. O os imbolismos que o caracterizan están presentes, como non podía ser menos. Os simbolismos e o telurismo, pois non se entenden cabalmente os seus texto sen esa dimensión telúrica, cósmica, total, entre a terra e o ceo o home e as súas angueiras. Polo cal estimaba en moito a vida máis apegada á terra, a vida labrega a vida en contacto coa terra. Desde o cal tamén se explica ben a insatisfacción cun presente (e futuro que se albisca) ligado á tecnificación, a cidade e desapego da terra que porpón a burguesía/capitalismo imperante. Curiosamente, moi curiosamente, esta loita contra o desapego dá lugar á reivindicación de dous aspectos normalmente antitéticos: por un lado a reivindicación do humilde ( neste caso o pan centeo) e por outro lado a reivindicación da nobreza como dirixente social en lugar da burguesía capitalista.
 
A súa vez, estas Xeórxicas do pan tamén obrigan á reformulación da influencia de Virxilio na poesía galega, que conta con afortunadas reinterpretacións e tamén con seguidores moi fieis da impronta orixinal.
 
Sempre subsistirá o feito de que estamos a falar dunha obra inédita, unha obra que non temos constancia de que quixera publicar. Sempre haberá que telo moi en conta. Porén a nosa historia literaria é outra despois da aparición destasXeórxicas do pan. Polo cal cómpre felicitar moi sincera e sentidamente o equipo da UVigo que o profesor Manuel Forcadela dirixiu, integrado por Silvia Penas e Ana Belén Crespo, responsábeis da dixitalización das máis de 5.000 páxinas comprendidas nas 49 axendas e cadernos que a Fundación Penzol garda.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.