1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130302 patrimoniogalegoGaliza - Praça - igrexa mosteiral de San Salvador de Vilaza, no concello de Monterrei, é a ficha número 3.000 de Patrimoniogalego.net, o catálogo social de bens culturais do país que bate récords dous anos despois de iniciar a súa andaina en internet. Co obxectivo de ofrecer un "mellor coñecemento colectivo do inmenso patrimonio cultural de Galicia", Patrimoniogalego.net medra "grazas ao esforzo dun cada vez máis nutrido grupo" de persoas colaboradoras, sinalan os seus impulsores.


O autor da ficha número 3.000 é Xabier Moure, un dos últimos en incorporarse á web pero tamén "un dos máis activos nos últimos meses, con máis de trescentas fichas no seu haber", destacan. "Outros catalogadores tamén superan o cento de bens inventariados", subliñan. Els son Elixio Vieites, Xosé Troiano e Gavilanes67, Óscar Franco, Xandlinathry, Xokas ou Manuel Rial.Estes usuarios, salientan, son a mostra de que, "ao contrario do que ocorre cos inventarios oficiais", Patrimoniogalego.net "permítelle á cidadanía poder involucrarse activamente a través dunha participación directa" e así "unha rede cada vez mís extensa vai abranguendo maiores áreas do noso territorio conforme avanza o proxecto.

Esta extensión xeográfica é un dos factores de maior importancia para Patrimoniogalego.net, xa que existe unha "inxente cantidade de bens patrimoniais por toda a xeografía galega" que, na súa "gran maioría", están "aínda pendentes de se catalogaren". "A participación cidadá é, de feito, o motor de Patrimoniogalego.net", apuntan, toda vez que xa "contabiliza máis de 180.000 visitas por páxinas e un número de usuarios que día a día vai a máis". Quen se achegue á web e se rexistre como persoa colaboradora ten á súa disposición "impresos que facilitan o labor de catalogación", con campos como o nome do ben patrimonial, "a súa tipoloxía, ubicación, datación, descrición, propiedade, estado de conservación e demais aspectos que poidan resultar de interese, como é o caso da tradición oral asociada". Despois, o resto da comunidade pode ampliar a información.

A base técnica de Patrimoniogalego.net é o popular sistema WordPress e por tras do proxecto está un grupo de profesionais de distintas áreas. O seu coordinador é o profesor da USC Manuel Gago, encargado tamén do mantemento da web xunto a Eladio Rial. A plantel de produción intégrano Milagros Bará, Álex Bragaña e Soledad Felloza e o de edición, Adela Oyonarte, Franjo Padín, Carmela Sánchez Arines, Xosé Gago e Elixio Vieites. O avogado Bernardo Dios colabora nas "cuestións xurídicas" e a comunicación é a parcela dos xornalistas Xurxo Salgado e Félix Aragunde.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.