1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

241212 luanoiteGaliza - História de Monte Rei - Os biosbardos son unha figura mitolóxica existente en Galicia coa que se adoita gastar bromas aos non iniciados na súa caza.


Na broma, que normalmente é gastada a algunha persoa foránea, invitase ao non iniciado a ir cazar biosbardos durante a vindeira noite, para a cal deberá de levar un saco e un pau. Unha vez de noite, haberá que levalo a un sitio escuro, mandarlle abrir o saco a ras de terra  ou nalgún burato e coa escusa de ir espantar os biosbardos para que vaian para o saco marchar e non volver máis. Deixándoo alí ó inocente durante toda a noite.
Existe unha rima para poder cazar o biosbardos, que moitas veces o incauto quedaba repetindo toda a noite:

Biosbardo

ven o saco

que a alpabarda

por ti agarda

A súa orixe parece estar relacionada con algún posible ritual iniciático da caza, onde para formar parte dese grupo de cazadores o non iniciado tería que pasar unha noite só na escuridade.

Seres semellantes ós Biosbardos son: Os gamusinos, espallados por diversos puntos da península e Cuba; os dahu, da rexión alpina de Francia, da Suíza e Italia francófonas e o tamarro de Cataluña e Andorra.

Foto: História de Monte Rei.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.