1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

outoftheblueCineclube Compostela - O Cineclube de Compostela fecha o ciclo sobre o movemento punk, que ocupou todo o mes de novembro, coa proxección dun filme de ficción, Out of the blue (Canadá, 1980), o terceiro título dirixido por Dennis Hopper, este mércores 28. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.


Cun título sacado da letra da canción de Neil Young "My My, Hey Hey", o filme centrase en Cebe, unha adolescente rebelde, apaixoada por Elvis Presley e da música punk rock, marcada polo accidente de tránsito que levou ao seu padre a prisión e pola vida coa súa nai, adicta e temperamental. Cando o pai saia da cadea, nin Cebe será a nena que fora outrora nin a vida será como era antes.

De pano de fondo do filme, asistimos á escena punk-rock de Vancouver dos anos oitenta. A fita percorre algúns dos espazos máis emblemáticos da época, como o Ridge Theatre, Varsity Lanes, Chinatown, ou o Viking Hall, e mesmo inclúe unha actuación dos Pointed Sticks.

Cunha montaxe case caótica, que  mestura de improvisacións e longos planos secuencia e lembra certos filmes americanos dos 70, Hopper utiliza nesta fita os clixés fotográficos do american way of life e as situacións convencionais do filme de redención para dinamitalos desde dentro. Os personaxes de Out of the Blue non poden crer no soño americano e ao longo de todo o filme desenvolvese unha sensación previa ao estoupido, levados por unha enerxía destrutiva co lume sempre a piques de prender.

Máis coñecido polo seu traballo como actor (aínda que tamén se ten dedicado á pintura, á fotografía e á poesía), Dennis Hopper (1936-2010) iniciouse na dirección cinematográfica con Easy Rider (1969), aclamada pola crítica polo seu uso da improvisación e a súa novidosa montaxe. Seguiulle O último filme (1971), que a pesar de gañar o primeiro premio no Festival de Venecia, significou un fracaso de crítica e público nos Estados Unidos. Isto, sumado á fama de actor "difícil", mantivoo apartado da dirección durante case dez anos, e a súa carreira de intérprete desenvolveuse durante ese tempo en filmes europeos ou de baixo presuposto, co apoio tamén de directores como Wim Wenders (O amigo americano) ou Francis Ford Coppola (Apocalypse Now). Con Out of the Blue regresa á dirección, pero volverá a apartarse dela outros oito anos, até que dirixe Colores (1988), o filme co que volvería a gañar a aclamación de crítica e público. A este seguirían filmes menores, como Catchfire (1990, asinado como Alan Smithee), The Hot Spot (1990) e Chasers (1994). O seu último título, Homeless (2000), é unha curtametraxe de ficción sobre a vida dunha muller sen teito.

A vindeira semana, o Cineclube vai anunciar a programación para o mes de decembro, que comezará coa proxección da mediametraxe Alameda (1978) e dalgunhas curtametraxes de Juan Sebastian Bollaín, realizador experimental sevillano.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

CICLO PUNK

Mércores 28 de novembro ás 21.30 no Pichel
Out of the blue
(Dennis Hopper, Canadá, 1980, 94', VOSG)

Foto: Cineclube Compostela


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.