1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

maside pintor galegoGaliza - Praça - Os herdeiros de Maside retirarán o vindeiro 11 de outubro os 21 cadros do autor que foran cedidos hai corenta anos ao museo municipal. 


Acusan o Concello de Vigo de "desatención" e de non difundir convenientemente o legado dun dos grandes representantes da xerazón dos renovadores.

Aseguran que o seu principal obxectivo é que a pintura de Maside, e en concreto estes 21 cadros que forman unha colección representativa da súa traxectoria, "poida ser coñecida e disfrutada pola sociedade galega, por ese público amplo, sen restriccións elitistas, que estivo sempre na mente do pintor". E engaden que "xa se víu que tantos anos de dispor gratuitamente das pinturas non contribuíron senón ao progresivo arrombamento do seu nome e a unha cada vez maior ausencia da súa obra nos eventos expositivos de toda Galiza". Afirman lamentar "que o desinterese amosado polas autoridades municipais teña derivado finalmente na privación á sociedade viguesa dunha colección fundamental para os fondos da nova pinacoteca Francisco Fernandes del Riego".

A familia explica que os testamenteiros do pintor realizaron o depósito temporal das obras "baixo acordo contractual que comprometía ao museo a promover e difundir o obra de Maside, facilitando, como era desexo expreso do autor, o acceso a ela do público galego a través de exposicións dentro ou fóra do museo". E denuncian "un rosario de desatencións e xestos de menosprezo se sucederon ao longo dos 40 anos de custodia irresponsable".

Salientan en primeiro lugar "as malas condicións de almacenamento e conservación de boa parte da obra no Pazo de Castrelos durante longos períodos de tempo", en segundo "acontinuada ausencia de programación de actividades divulgativas propias dunha pinacoteca" e terceiro destacan "as negativas municipais a deixar saír das dependencias do museo os cadros de Maside que lle eran solicitados para participar en exposicións institucionais de arte galega nas que a xeración dos renovadores, da que Maside é expoñente destacado, tiña relevante protagonismo, quedando, deste xeito, insuficientemente representado e contribuíndo así ao progresivo esmorecemento do seu nome no espazo cultural galego".

Sinalan, isso sim, que a situación de “repouso” na que a colección se atopaba en Castrelos "cambiou moi notablemente co traslado à nova pinacoteca municipal Francisco Fernandes del Riego, recibindo na exposición inaugural un tratamento destacado que denota o aprezo que ao comisario da mostra lle merece a figura e a obra de Maside no contexto da Xerazón dos Renovadores galegos". Pero engaden que "esta é unha circunstancia que chega tarde nas relación cos responsables do Concello, quen non deron sinais de compartir nin comprender os criterios que recuperan a dignidade para unha parte fundamental dos fondos da pinacoteca".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.