1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

011012 jornadasGaliza - Colectivo Buril - XIII Jornadas de Teatro: O renascer dumhas jornadas de teatro históricas.

 


As Xornadas de Teatro de Burela foron organizadas polo Colectivo Cultural Buril desde o ano 1987 ate o ano 1998. En total, foron doce edicións celebradas anualmente de forma ininterrompida, tendo lugar as cinco primeiras edicións no hoxe desparecido Cine Mon e as sete edicións restantes no Auditório Municipal. Nas primeiras edicións, as xornadas incluían unha oferta diversa na que tiñan cabida desde compañías de teatro infantil e teatro afeccionado (Tanxerina, Barriga Verde... ou os grupos teatrais da A.C. Amado Lar de Ferreia do Valadouro, o grupo Ártabro Teatro da agrupación cultural Lumieira ou o propio grupo de teatro do C.C. Buril) ate compañías profesionais, entre as que encontramos a Teatro de Ningures, Sarabela, Teatro do Morcego, Talía... A partir da VII edición, as xornadas pasaron a ser principalmente unha mostra do teatro profesional galego con obras para o público adulto e infantil. Tamén debemos sinalar que dentro destas xornadas de teatro se organizaban actividades complementares, como o “premio das Letras Galegas” (coa correspondente publicación das obras premiadas), ou conferencias e mesas redondas temáticas sobre distintos aspectos relativos ao mundo do teatro.

As Xornadas de Teatro de Burela organizadas polo Buril, non tiveron continuidade no seu momento por distintos motivos, entre eles os problemas de financiamento, a aparición das programacións culturais promovidas polas institucións e a progresiva desarticulación do tecido asociativo.

Durante os 12 anos en que se celebraron, as Xornadas tiveron unha considerable transcendencia no acontecer cultural de Burela, cun importante número de asistentes ás representacións, contribuíndo á consolidación dun público que demostraba a súa fidelidade ano tras ano. Aínda que por riba da repercusión local e comarcal, hai que sinalar que as Xornadas de Teatro de Burela acadaron unha importante releváncia na escea galega, constituíndo, xunto con outras xornadas como a MIT de Ribadavia, a Mostra de teatro de Cee, o FIOT de Carballo, o FETEGA do Carballiño... un dos espazos referencias na xeografía do teatro galego.

No pasado ano 2011, o Concello de Burela, deixou de formar parte da Rede Galega de Teatros, á que pertenceu durante moitos anos, e que fixo posíbel que as máis importantes compañías teatrais galegas actuaran en Burela. Este feito supoxo a desaparición do teatro profesional da oferta cultural na pasada tempada 2011-2012. Tendo en conta esta circusntancia, e dado que Burela conta cunha importante tradición teatral, desde o Colectivo Cultural Buril consideramos que este ano 2012 é unha boa ocasión para recuperarmos as Xornadas de Teatro de Burela, na que será a XIII edición, dando así continuidade a aquelas xornadas que comezaban alá polo ano 1987 e que facían unha pausa en 1998. Dalgún xeito, e aínda que xa pasaron 14 anos desde as últimas xornadas celebradas, aquelas representacións teatrais aínda seguen ecoando na cabeza de moitas burelás e burelaos.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.