1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

011012 culturaGaliza - CUT - O IIIº Festival da Cultura Proletaria (o "Festiproletario") celebrouse o pasado sábado 22 de setembro no adro de Darbo (Cangas), dando por acadados moitos dos obxectivos que a CUT se propuña na súa organización: da consolidación dun espazo de esparcimento para a clase traballadora en chave autoorganizativa á introdución nun ambiente festivo daquelas problemáticas e discursos que máis preocupan agora á clase traballadora galega.


Logo de varias xornadas de organización a pé de torreiro, onde os e as camaradas da CUT de varias comarcas se puxeron mans á obra nas diferentes instalacións da festa, en réxime de autoorganización, un xantar popular ou a instalación de diversas mesas informativas ían abrindo o corpo dun festival que se prolongaría deica a madrugada.

Nel, a Secretaría das Mulleres presentaba unha serie de postais con fotografías propias das mobilizacións das traballadoras galegas, abríanse as portas do mercadiño ou mesmo os compañeiros e compañeiras Iago Castro, Oriana Méndez ou Xiana Arias daban a alerta poética, un chamado á autodefensa das traballadoras e traballadores. Grupos como Balea's Blues Quintet, O neto de Manoel, Carlos Clara Gomes ou Seara púñanlle tamén voz a un festival que concluiría coas The Teta's Band, que deberon interromper o seu concerto polo dioivo que tomou Darbo, malia a entrega dun público que non se deixou derrotar pola chuvia.

En Darbo ficou claro que temos un proxecto festivo en chave de transformación social entre as mans, e entre todas e todos, iremos dándolle forma.

Os compañeiros e compañeiras de Galiza Contrainfo dispoñibilizaron a galería do Festival:


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora