Logo de varias xornadas de organización a pé de torreiro, onde os e as camaradas da CUT de varias comarcas se puxeron mans á obra nas diferentes instalacións da festa, en réxime de autoorganización, un xantar popular ou a instalación de diversas mesas informativas ían abrindo o corpo dun festival que se prolongaría deica a madrugada.
Nel, a Secretaría das Mulleres presentaba unha serie de postais con fotografías propias das mobilizacións das traballadoras galegas, abríanse as portas do mercadiño ou mesmo os compañeiros e compañeiras Iago Castro, Oriana Méndez ou Xiana Arias daban a alerta poética, un chamado á autodefensa das traballadoras e traballadores. Grupos como Balea's Blues Quintet, O neto de Manoel, Carlos Clara Gomes ou Seara púñanlle tamén voz a un festival que concluiría coas The Teta's Band, que deberon interromper o seu concerto polo dioivo que tomou Darbo, malia a entrega dun público que non se deixou derrotar pola chuvia.
En Darbo ficou claro que temos un proxecto festivo en chave de transformación social entre as mans, e entre todas e todos, iremos dándolle forma.
Os compañeiros e compañeiras de Galiza Contrainfo dispoñibilizaron a galería do Festival:

