1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

140912 agustinfernandezpazGaliza - Galiza Hoje - Valorou-se o seu "decidido compromisso" com a Galiza e a língua galega.


A Asociación Cultural Val de Láncara escolleu o escritor Agustín Fernández Paz como gañador do XI Premio Ramón Piñeiro Facer País, polo seu "decidido compromiso" con Galicia e coa lingua galega.

Así o informaron este venres o secretario da asociación cultural, Carlos López, e Xurxo Rodríguez Lozano, do C.P.I. Ramón Piñeiro de A Pobra de San Xiao, nunha rolda de prensa que se celebrou no Consello da Cultura en Santiago.

O xurado deste premio, que elixiu a candidatura de Fernández Paz entre as 45 presentadas, destacou a "innovadora e longa obra narrativa" en lingua galega do escritor, así como os "numerosos premios obtidos" en diversos países.

Así mesmo, evidenciou o seu "decidido compromiso con Galicia e coa lingua galega", o que "o leva a mostrar actitudes dunha decidida defensa dos valores propios" da Comunidade, "aínda que isto supoña a renuncia a satisfaccións de carácter persoal".

"O desenvolvemento da súa peripecia vital e profesional no ámbito educativo e a sinxeleza do seu carácter, sempre alleo a xestos e actitudes personalistas e de autocompracencia, fano merecedor de ser considerado un dos 'bos e xenerosos' que, co seu labor constante de calado, están a "facer país" e ensinan a "facer país", explica o xurado.

PREMIO ANUAL

O Premio Ramón Piñeiro Facer País entrégase anualmente a persoas ou entidades que se distinguiran pola súa defensa da cultura e da lingua galega. O primeiro premiado foi o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, quen foi recordado este venres polos responsables do premio tras o seu falecemento. Ademais, tamén tiveron palabras para outro premiado recentemente falecido, Avelino Pousa Antelo.

Nos seus 11 anos de vida, o premio recoñeceu ademais o labor de persoas como Xosé Manuel Beiras, Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas ou Luis Tosar, así como de entidades entre as que atopan o grupo Milladoiro ou o xornal A Nosa Terra.

O galardón, que non conta con dotación económica, entregarase nun acto popular en Láncara que, aínda que aínda non foi fixado definitivamente, terá lugar despois das eleccións autonómicas do 21 de outubro.

Foto: Galiza Hoje - Agustín Fernández Paz, quem em 2012 renunciou aos Prémios da Cultura Galega, outorgados polo governo autónomo, denunciando a hipocrisia deste nos seus ataques à língua galega.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora