1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030912 fitoarodaGaliza - Sermos Galiza - Adolfo Domínguez Otero, Fito, faleceu este domingo. A música galega e o celtismo, dúas das súas paixóns, choran esta voz inconfundíbel.


Finou Fito, a voz inconfundíbel de A Roda. As longas barbas que, nunha coincidencia máis, emparentaban coas longas barbas de Ronnie Drew, voz de The Dubliners. Galeg@s e irlandes@s partillaban, alén das barbas, o amor pola música tradicional dos seus países e ser responsábeis de popularizaren esta entre amplas capas dos seus pobos. MorreuFito, a voz de Pousa, pousa, O Gato, Andar miudiño e Foliada do Celta (ao entrar en Balaídos, díxolle o sobriño ó tío...), entre moitas outras. Os bistéqueles,  Falemos galego... Canción popular galega, chamaban eles á súa música. E así era.

A Roda é responsábel directa de que calquera festa, convivio ou xantar, que finalice cos comensais cantando, teña entre os hits que se interpreten cancións escritas ou popularizadas por este grupo. Nos seus corenta anos de historia actuaron en centos de concertos. Non só na Galiza, senón tamén en xiras por Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña, Bélxica e outros países con presenza da eigración galega.

A Roda naceu dun grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aí o nome. Foi nun barrio de Vigo a mediados dos setenta. Fito, celtista confeso, podía presumir de que até no capo rival, Riazor, a canción que entoan ultimamente @s seareir@s deportivistas foi popularizada pola Roda a finais dos 70 (Andar miudiño)

Foto: SG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.