1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

020912 abeledaGaliza - Galiza Confidencial - O Sorriso de Daniel organiza unha innovadora exposición nas ruinas do mosteiro de San Paio de Abeleda para concienciar aos poderes públicos é a sociedade da necesidade de coidar o rico patrimonio desta zona da Ribeira Sacra.


A sociedade civil segue sendo un dos maiores activos para a defensa do patrimonio galego. Precisamente, e grazas ao traballo dos socios de O Sorriso de Daniel, da asociación Cocas e Danzantes de Santa Tegra e da asociación de San Paio de Abeleda e a colaboración dos veciños de San Paio de Abeleda, os galegos poderán coñecer o rico patrimonio desta parroquia de Castro Caldelas e, especialmente, as ruinas do vello mosteiro románico.

Unha innovadora exposición agasallará aos visitantes que se acerquen a esta parroquia con fotografías penduradas no interior ou nos muros do seu mosteiro. Pero non é calqueira mostra. Son os retratos dos propios veciños que se bautizaron na pía románica do vello mosteiro que foi unha das poucas pezas desta xoia do románico que foi salvada dos saqueadores deste monumento. O obxectivo; "que se consoliden as ruinas de San Paio e que a riqueza do seu interior non se perda, que poida ser visitado, que se convirta en un novo foco de desenvolvento para o turismo desta porta da Ribeira Sacra".
 
Colaboradores
 
Nesta iniciativa participou a fotógrafa Soleda Felloza, que retratou aos veciños, e a xornalista Ana Romaní, o historiador Afonso Vázquez-Monxardín, os escritores Mariña Pérez Rei, Olga Novo, Bieito Iglesias, Anxela Gracián, Iria Fdez Crespo, o dramaturgo Quico Cadaval, a arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, o sacerdote Oscar G. Murado, descendente por parte de pai de xentes de San Paio de Abeleda e o delegado de Patrimonio do Bispado de Ourense Miguel Ángel González, que realizaron pezas escritas.
 
O estado de abandono de San Paio de Abeleda é hoxe un dos casos máis graves en todo o territorio galego no que ao románico se refire. "Estabamos seguros de que había que facer algo. Con escasos medios que temos non sabiamos qué podiamos facer e pensando ocorréusenos facer unha exposición que fose un acicate para que a xente visite as ruinas de San Paio de Abeleda e tamén que sexa un amable grito de alerta nas nosas conciencias. Con esta exposición queremos reivindicar o valor patrimonial do mosteiro de San Paio de Abeleda e facer unha chamada de atención para que non se deixe perder", sinala esta asociación.
 
Esta exposición custeouna integramente O Sorriso de Daniel e non conta con axudas económicas de ningunha administración. Non é a primeira vez que desde GC dá conta das magníficas iniciativas desta asociación en defensa do patrimonio galego.
 
O mosteiro
 
San Paio é o único gran mosteiro da Ribeira Sacra que permanece en estado absoluto de abandono. Foi inicialmente un mosteiro familiar suxeito á regra de San Frutuoso ou de San Agostiño para finalmente -no último terzo do século XIV- pasar a ser freguesía.
 
O primeiro documento no que aparece mencionado é un privilexio de Afonso VII datado en 1127. Estas terras xa se mencionan no ano 937, en documento pertencente ao tombo de Celanova, co nome de Avellaneta, e polas alusións da documentación posterior dedúcese que estaban dalgún xeito vencelladas á familia de San Rosendo na altura do século X. 
 
Hoxe consérvase a igrexa, en estado de lancinante abandono, de traza románica cunha soa nave e tres corpos arredados por arcos de medio punto con ornamentación de xadrezado, capela maior abovedada e ábsida rectangular. A reconstrución barroca de 1793 alterou o estilo do templo, no entanto sobreviven certos elementos medievais, como os ángulos da portada do adro do século XIV, de arco apuntado con decoración de cuadrifolios e Cristo en maxestade representado no tímpano.
 
Foto:  O Sorriso de Daniel

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.