E a partir de aí, festa tras festa. Ao longo do verán pasaremos por Razo, por Carnota, por Muros, por Zas, por Fisterra, por Valarés e máis por Carballo, para seguir apostando pola boa música (rock, pop, folk ou electrónica) e loitando contra a ditadura da verbena.
Aquí vai a Listaxe, por orde cronolóxico, de Festivais na Costa da Morte que quedan vivos para este verán de 2012:
XVII Asalto ao Castelo. En Vimianzo, o sábado 7 de xullo con La Requinta da Laxeira, Budiño, La Pegatina e O Sonoro Maxín. Ademais, toda unha semana culturapor disfrutar. Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
IV Nordestazo Rock. No porto de Malpica, o sábado 14 de xullo con Heredeiros da Crus, ademais dos Dios ke te crew, Moon Cresta e Dj Tono. Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
VII Sereas e Piratas. Na praia de Razo, en Carballo, para a fin de semana de 20 e 21 de xullo, con deportes náuticos e moita música: Lobishome, La Débil, Joe Crepúsculo, Lagartija Dj, Pony Bravo, Triángulo de Amor Bizarro... Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
II Beach Party Carnota. A praia de Lariño acollerá os 27 e 28 de xullo no primeiro festival de Música electrónica da Costa da Morte. Os mellores deejais do planeta achegaránse á Costa e ademais terá moita incidencia ao longo do día o deporte acuático. Beach Party Carnota: Nova cita electrónica da Axenda Sonora da Costa da Morte.
IX Castelo Rock. Volve o rock ao peirao de Muros estes 3 e 4 de agosto con Trashtucada, Ruxe Ruxe, Medomeda, Skarallaos, Dios ke Te crew, Bodega Bodega, Sonotones e Sozios a la fuerza. Dous días de Festival no IX Castelo Rock de Muros.
Carballeira de Zas. A estas alturas normalmente xa tiñamos que saber algo, pero este ano o festival folk por excelencia de toda Galicia faise de rogar. Polo de pronto sabemos que será o sábado 4 de agosto. E seguiremos informando.
XIII Festa Folk na Fin do Camiño. A outra cita folk máis importante da Costa celébrase na fin do mundo. A Anchoa, en Fisterra, agarda en Fisterra este 18 de agosto a música de "Estimaba que viñeras", Stolen Notes, Os Tres Trebóns e Chotokoeu.
VI Con V de Valarés. A fermosa praia de Valarés, entre Ponteceso e Corme celebra o seu festivalón o 18 de agosto, con Fuel Fandango, Sex Museum, Grises, Dolores, Rubick, His Majesty the King, David Van Bylen, Antón DJ.24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
XV Xiria Pop. A Sala Dublín de Carballo acolle os 21 e 22 de setembro de 2012. Este ano con Midnight Woolf, Jonh Paul Keith ou The Brakdowns entre outros.
Asaghieiras Master Festival. Este ano o Festival rock da praia Lariño (xa convertida no cerne musiqueiro da bisbarra) volverá celebrarse nunha xornada e para a fin de semana de despois da Barca. Estaremos atentos ao cartelón, tralo tremendo maratón de 24 horas de música do ano pasado.
A bailar!

