O festival celebrarase entre o 9 e o 16 de agosto, e a película será proxectada na mesmísima Times Square. Como di Ignacio Vilar en nome de todo o equipo, "non desperdiciaremos esta ocasión única para que a nosa lingua se escoite no corazón do imperio e para conquistar o público internacional coa nosa historia e anosa paisaxe". Así que, por suposto, levaremos alá a Caravana Vilamor precedida de todo o voso entusiasmo e o éxito acadado na Galiza.
Este sábado celebrarémolo por todo o alto na estrea en Santiago e na cea posterior na que Pedro Roca nos sorprenderá cun exclusivo Menú Vilamor. Aínda estades a tempo de virdes festexar connosco.


