Fai unha semanas coa celebración do mítico Xerro do Salnés na brava parroquia de Xil ( concello de Meaño ) a serpe multicor da LNB enroscouse no palán coa mesma forza que o fai á brosa para durante a Xeira de Furanchos co brilo nos ollos e cos beizos da cor violeta apresentar a soñado encontro entre Gz vs EH.Alí estaba o gran seleccionador nacional Flores transmitindo poderes a Serxio do Faisca que xunto con Tiago o indomábel palanador de Ponteareas serán o tamdem que dirixirá a Auténtica fronte ó perigoso Komando Bixi Bixi dirixido polo aborixe "Mourinho" que chegados dende Pasaia formarán o groso da selección Euskalduna no que suporá tamén o explendoroso debú da Auténtica nas terras da incendiaria Conferencia Sur da LNB. Sen axuda institucional nengunha , coa autoxestión e os fuciños por diante a LNB vai de cara estercando e arrincando os chantos da indiferencia colectiva para iste sábado en Marin apartires da 16 h .coordinado polo irmans de Almuinha desputar o tan desexado Galiza vs EuskalHerria , o partido será non será transmitido pola telvisión pública galega que estará emitindo calquera merda mais será twitteado en directo polos activistas hashtags da LNB >> #GZvsEH e como ben sabes as mellores "xogadas" as poderás ver no video-estalo que artellarán os enviados especiais de Tele-Varal , colle o palán e loita... txirikila sempre , adiante co varal!!"


