O lugar é um autêntico mundo mítico em si mesmo. Quem nom conhecer a formosíssima ría e porto de Portocelo em Jove, o esteiro de um rio serpeante que atopa um refuxio agachado antes de abrir o mar no que hoxe hai un maino desembarcadoiro, ten que ir aló para vê-lo. Mas havia algo estranho nisto. O mosteiro, no canto de estar cabo das áreas mais dondas e a proximidade do porto (do que partia un antiquísimo caminho xa de aquela, mencionado no documento), que é o que lle correspondería, está afastado da poboación actual, na zona máis agreste que leva ata o cabo. Alí están as ruínas da ermida actual, erguida sobre unha edifición anterior que foi continuamente reaproveitada. Desde columnas, que se ven integradas nos muros que refigérom o espaço, até a tella e o tipo de pedras que componhem o paramento dos muros destas ruínas.
O lugar é tremendamente evocador, por moitos motivos. Aquí refuxiáronse fuxidos dunha invasión, pero este espazo monástico está hoxe totalmente integrado nas máis fermosas tradicións do país. Hai unha barca de pedra, mergullada, nun illote próximo, xa que a tradición indica que Santo Tirso chegou polo mar (se cadra coma o propio Rodrigo). E aló enfronte, outro illote evocador chamado Ansarón. Ansarón era o fogar dun conde que viña, segundo a lenda, á misa a Santo Tirso. Hoxe é unha evocadora illa batida polos ventos e os vendavais.
Mas iso non é o que me fascinou. Cando chegamos ao recinto da ermida mirámonos estrañados. Pero iso non é unha muralla? Había un gran parapeto que afastaba a península na que estaba a ermida do resto do recinto. E de súpeto, aínda que medio destruído polas obras da estrada que fixeron para chegar alí un foxo enorme, moi grande, potenciando a barreira entre un espazo e outro. O foxo tiña unha profundidade impactante, moi superior á media das que nos chegaron da Idade do Ferro. Tede en conta que os procesos de sedimentación moitas veces van tapando estes lugares. Aquí non, aquí o foxo parecía ter sido potenciado, ampliado e ensanchado.
-Mas isto é um castro! – dixemos.
Un rápido percurso levounos de surpresa. O mosteiro de San Tirso de Portocelo non só estaba no interior dun castro costeiro, senón que este castro mesmo tomaba unha estrutura ben curiosa. Seguimos o proceso do foxo e observamos como se desprazaba e formaba un parapeto exterior para protexer unha península inmediata, situada inmediatamente ao norte da do castro. É dicir, a fortificación comprendía varias penínsulas pequenas -algo que logo vin acontecer tamén nalgún outro castro da Mariña-. O resultado, na fotografía aérea do ano 1956, é un documento gráfico sensacional para a arqueoloxía altomedieval de Galiza:
As frechas marcan a liña de parapetos defensivos da Idade do Ferro, posiblemente reforzados en época altomedieval polos monxes de Portocelo.
Aí no interior vedes a ermida de San Tirso de Portocelo, construída sobre as ruínas do mosteiro altomedieval anterior, que estimo que estaban concentradas na zona oeste do castro. Pero o mosteiro nace no interior dun castro -e sospeito- non só non elimina as súas defensas, senón que as aproveita ou mesmo potencia. O mosteiro aproveita, como noutros países do mundo celta -perdón, atlántico-, as antigas fortificacións; pola historia irlandesa, sabemos moitas veces que son señores locais os que ceden estas fortalezas para a imprantación das comunidades monásticas, como ocorre en Kells ou na illa de Iona (escocesa, neste caso, pero con claros vínculos coas comunidades monásticas irlandesas), máis ou menos no mesmo tempo no que Rodrigo funda (ou refunda) San Tirso de Portocelo, ou que son os propios monxes quen fortifican/refortifican o espazo. Se, desde o principio das Repúblicas de Homes Libres falabamos da vinculación entre infraestruturas defensivas e mosteiros en Galiza, aquí vemos un exemplo tremendo: un mosteiro que en si mesmo é unha fortaleza; e hai un factor tamén importante aquí. Está ubicado nunha fortaleza, cando menos desde case un século antes dos ataques dos Lordomani, no século VIII. Reparen niso. E pensen neste mosteiro, defendido por monxas e monxes canda unha guarnición, nunha fortaleza mil anos anterior.
Só vos digo unha cousa. Se na Irlanda tivessem este mosteiro no interior dun castro, coas espectaculares defesas ainda em relativamente bom estado (a diferência de moitos dos mosteiros irlandeses, que viron desaparecer os parapetos coa expanssom das vilas), este sería o típico sitio que aparecería en todos os documentários e filmes, un orgulho nacional. Unha fermosura histórica, pero tamén paisaxística. Aqui, ao nosso Santo Tirso, nom o conhece nem a sua mae. Vaian por alá, crucen o foxo, pérdanse nas ruínas, salten dentro do cemiterio sen porta (si, digo ben) e busquen ao conde cando a Illa de Ansarón emerxe da brétema. E cónteno. Fai falta que contemos.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.