PROGRAMA
11,00h Apertura da Feira de Artesanía
13,00h Sesión vermú
AS PICONAS DO IRIXO
14,00h Xantar Popular
15,30h Entrega de premios do Torneo de Birlos
16,00h Café Concerto
CÉ ORQUESTRA PANTASMA
17,30h Animación infantil (Pintura e globoflexia)
18,30h Teatro e circo de rúa
PISTA CATRO
ASSIRCÓPATAS
21,30h Concerto
ATAQUE ESCAMPE
BALAKANDRA
SKARALLAOS
LA TROBA KUNG-FÚ
DJRUMBEATS
DZ SELECTORS!
SERGIO RV DJ.
Xantar Popular
Como cada ano o xantar popular do Festival do Castro será sen dúbida unha das actividades referenciais. Non é só comida, non é só festa, é moito mais. As gañas de festa e as risas vanse contaxiando de mesa en mesa, converténdose así nun dos mellores momentos do día. O menú será o mesmo das edicións pasadas. Empezamos con empanadas do país de carne e de vexetais e pementos de Herbón para seguir concarne ao caldeiro con patacas cocida. A bebida é viño da Ribeira Sacra, refrescos e auga. De sobremesa temos rosca caseira con queixo San Simón e café con ou sen gotas.
O prezo será tamén o de sempre: 12 euros (8 para os menores de 12 anos). A música estará presente tanto antes como despois do xantar, as Piconas do Irixo serán as encargadas de abrir o apetito de todos os presentes co seu repertorio de música tradicional. Será o Cé Orquestra Pantasma o encargado de que fagamos a dixestión ao ritmo da súa boa e impredecible música.
Podes anotarte no 676 545 776 ou nos seguintes locais
Pantón Bar Castilla, Bar Carabelos e Cantina de Goián
Monforte Cafetería Los Goya
Escairón Bar A lareira




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.