Este edición do certame, na que poderán participar tódolos artistas que o desexen, terá por tema as ‘Estampas de Rábade’ e arrincará ás nove da mañá cando se selen as teas no Concello, en branco ou preparadas cunha cor uniforme.
Unha das condicións do concurso pasa por admitir unha única obra por artista, aínda que este pode escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe. Tódalas obras deberán levar un título, mentres que as obras premiadas deberán estar firmadas polo autor ou autora.
A entrega das obras poderase realizar ata as cinco da tarde no Concello de Rábade e a partir de entón a exposición dos cadros realizados polos artistas participantes poderase contemplar na recepción da Casa do Concello. Se os participantes non entregan o cadro, rematado ou non, serán vetados para a edición do vindeiro ano.
A partir das seis da tarde o xurado, composto por personalidades relacionadas co mundo das artes e representantes municipais, outorgarán os premios no Salón de Plenos do Concello que os gañadores deberán recoller persoalmente. A decisión do xurado será inapelable.
Tódalas obras premiadas daqueles artistas que o desexen, permanecerán expostas no Concello dende o 4 ao 10 de xuño, previa taxación do autor.
Premios
O primeiro premio está dotado cunha cantidade de 1.100 euros. O segundo recibirá unha compensación económica de 700 euros; mentres que o terceiro e o cuarto obterán, respectivamente, 500 e 400 euros. Ademais, nomearanse tres accésits que recibirán 60 euros cada un.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.