Galiza - AC Almuinha - A.C. Almuinha leva traballando máis de cinco anos a prol da defensa da lingua e cultura galega na nosa vila. Tan só en 2008 foi beneficiaria dunha subvención, xa que as de 2009 ficaron sen resolver, no 2010 e 2011 non se convocaron axudas públicas (senón "individuais" para actos concretos), as de 2012 están sen resolver e as de 2013 sen convocar (o PP antes tiña a escusa de que "acababan de chegar ao goberno local", mais agora, despois de 2 anos á fronte do Concello, cal é a escusa?).
Galiza - TodoCondado - A sociedade cultural e desportiva do Condado organiza o vindeiro sábado 25 de maio na Praza das murallas de Salvaterra a celebración dos Maios. Eis o programa que nos oferecem:
Galiza - Sermos Galiza - A música como sinal de identificación dun barrio. O proxecto “Música en branco. Memoria da Agra do Orzán” fai xirar un programa de acción arredor da memoria sonora e musical do barrio da Coruña. Xurxo Souto deu conta del no autobús da liña 7, a que atravesa o barrio.
Galiza - Axóuxere - Logo de termos recibido un elevado número de propostas en relación á Convocatoria para a Residencia de Verán 2013 de Axóuxere, todas elas de grande interese, e coñecendo que a nosa tarefa como xestores culturais debe ser a de dinamizar e facer medrar o espectro contemporáneo na arte, na literatura e no pensamento, finalmente, e en consenso comunitario, decidimos seleccionar dúas delas. Deste xeito, lamentando ter que deixar outras -tan válidas ou tan interesantes como as elixidas- á marxe, presentamos estas candidaturas, que han concorrer nos meses de Xullo e Agosto, mantendo a editora contacto coas persoas elixidas a fin de determinar o tempo preciso da súa estada.
Galiza - Sermos Galiza - Policía ás dúas beiras da Rúa Nova na que se celebraba a homenaxe da Xunta a Roberto Vidal Bolaño. Un grupo da Plataforma das Artes Escénicas ao que se lle sumou unha protesta de afectados das preferentes topáronse cun desmedido control policial. Actrices e actores levaban nariz vermello en homenaxe ao seu compañeiro Vidal Bolaño.
Galiza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela continúa esta cuarta feira 15 de maio coa serie de tres filmes artellados arredor da idea do diario filmado que comezou a semana pasada. Farao coa proxección de A marcha de Sherman (Sherman's March, EUA, 1986), de Ross McElwee. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.
Galiza - PGL - José Manuel Nunes, Angeles Pacho e Erik Barrio entre os autores galegos que participam.
Galiza - A noite branca - [Fernández Naval] "...dele chegou-se a dizer que de nom ter sucedido o seu passamento tam novo, teria ocupado o espaço de Dylan. Era o galego Richard Farinha"
Galiza - Sermos Galiza - 'Domingo 19 a Riaçor, com a bandeira galega'. É o chamamento que se está a fazer através das redes sociais para levar ao estádio o símbolo nacional de Galiza como resposta ao acontecido em Valhadolide, onde se requisárom as bandeiras galegas com estrela.
Galiza - Praça - O Festival Reperkusión pechou con éxito a súa decimoprimeira edición e consolida a súa aposta pola Cidade dos Muchachos, onde espera celebrar as próximas edicións. O festival mantivo a afluencia nos concertos de noite e medrou o número de asistentes á programación de día, cun público interxeracional e de procedencias moi diversas: xunto a unha nutrida presenza de persoas de Ourense e do resto de Galicia, destacou a cantidade de xente chegada do resto de España e doutros países como Francia, Portugal, Italia, Alemaña, Sudáfrica ou Costa Rica.
Galiza - PGL - Intercâmbio musical de cancioneiros históricos.
Galiza - Sermos Galiza - [Carme Vidal] Poesia galega postrobadoresca, datada entre 1380 e 1430, atribuída a Afonso Paes. “Em cadea sem prijom” é o título do volume editado polo professor Henrique Monteagudo depois da singular apariçom de um novo cancioneiro para a lírica galega. O achado, a seu ver, é histórico pois descobre que a poesia galega continuou mesmo “depois do apagamento da escola lírica galego-portuguesa”. O professor galego acha que algumha das suas composiçons merecem fazer parte das antologias da nossa poesia.
Galiza - Dioivo - Este verán, a Selección Galega de fútbol gaélico, a única selección do noso país oficial a nivel internacional, volverá xogar. Será en Bretaña, concretamente en Lorient (An Oriant), a fin de semana do 10 e 11 de agosto, no marco do Festival Intercéltico, o máis importante da música celta, dedicado este ano a Asturias. Ademais, haberá non só partido do combinado masculino, senón que debutará o equipo feminino.
Galiza - Fala Viva - Despóis de conocer os sous primeiros versos nel último númaro da revista Trabatel y despóis de sentila recitalos nel documental de Melania Fraga Eu soi quen fun, Ana Vega publica el poemario Al xeito del tambor (Trabe), unde axunta os poemas que compóin el sou viaxe particular de volta á súa terra. A presentación del libro vaise fer este sábado 4 de mayo, ás seis y media da tarde, na carpa de Libroviedo, que ta posta na Praza de Trescorrales. Ademáis del autora, han a participar Xosé Miguel Suárez Fernández y Esther Prieto, responsable da editorial.
Galiza - PGL - Iniciativa nasce da vontade dum grupo de pessoas de diferentes ámbitos, interessadas em recuperar um anaco da História de Ourense, injustamente esquecido.
Galiza - FCSH - No âmbito dos processos transfronteiriços, o celtismo – um movimento transnacional influente em várias partes da Europa - desempenhou um importante papel na construção de identidades na Galiza e no norte de Portugal.
Galiza - Amig@s da Cultura - A nossa associaçom recebeu neste sábado o Prémio Instituiçons outorgado pola AELG (Associaçom de Escritoras e Escritores em Língua Galega) dentro dos atos da Gala das Letras 2013 decorridos na cidade da Corunha.
Galiza - Ayarte Galeria - Inauguraçom da exposiçom da fotógrafa pontevedresa Rute André na Sala de PORTOeNORTE sediada na rua do vilar de Santiago de Compostela o dia 7 de maio, terça-feira, às 20.00 horas, sob o auspício de AYARTE Galeria de arte contemporánea.
Galiza - Gentalha do Pichel - A Gentalha do Pichel tem manifestado nos últimos anos o seu desacordo com o projeto no monte do Viso que começou na era Fraga.
Galiza - PGL - Música de concerto brasileira percorrerá países de fala oficial portuguesa sob o patrocínio da CPLP.
Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com
Desenhado por Eledian Technology
Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.
Clique em uma das opções abaixo.